San Xián de Moraime (até 2026, Moraime (San Xulián)) é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Muxía. Segundo o IGE en 2018 tiña 784 habitantes (406 mulleres e 378 homes) distribuídos en 25 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación aos anos 2004, cando tiña 1.030 habitantes, e 1999 cando tiña 1.096 habitantes.
Xeografía Entre o seu patrimonio natural destaca o monte Corpiño de Chorente, e as praias dos Muíños e Lourido
A parroquia está atravesada polos camiños de Fisterra, a variante do Camiño de Santiago que procedente de Santiago de Compostela e se dirixe cara Muxía, e o dos Faros, na súa 6ª etapa: ruta Camariñas-Muxía.
Patrimonio A igrexa de San Xián de Moraime data do século XII. A carón dela estivo o mosteiro de Moraime, creado no século XI e pertencente á Orde de San Bieito. Tamén hai na parroquia un conxunto de antigas casas señoriais.
Nesta parroquia no lugar de Lourido e preto da praia atópase o novo Parador Costa da Morte.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Moraime
Parroquias de Muxía
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Muxía
Ligazóns externas Xosé María Lema en "O Seminario de Onomástica responde (Real Academia Galega, 23.04.2024)
Categoría:Parroquias de Muxía Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Xián Categoría:Camiño dos Faros Categoría:Localidades do Camiño de Fisterra