Ferroplasma é un xénero de arqueas do que se coñecen polo momento tres especies e cuxa especie tipo é Ferroplasma acidiphilumNa literatura máis moderna aparece escrito acidiphilum en vez de acidophilum. LPSN IJSEM, un microorganismo acidófilo oxidante do ferro.See the NCBI páxina de Ferroplasma. Datos extraídos de A diferenza doutros membros da clase Thermoplasmata, F.acidiphilum é un mesófilo que crece optimamente a unha temperatura de aproximadamente 35 °C e a un pH de 1,7. Encóntrase xeralmente en minas ácidas, principalmente as de pirita (FeS2). É especialmente abondoso cando hai drenaxes ácidas nas que outros microorganismos como Acidithiobacillus e Leptospirillum fixeron baixar o pH, o que permite que o acidófilo obrigado F. acidiphilum poida prosperar. Ferroplasma forma fitas viscosas sobre a superficie da pirita.
Fisioloxicamente, F. acidiphilum é un quimioautótrofo e obtén enerxía por oxidación do ferro ferroso procedente da pirita usando oxíxeno como aceptor final de electróns e fixa dióxido de carbonoManuel Ferrer, Olga V. Golyshina, Ana Beloqui, Peter N. Golyshin & Kenneth N. Timmis. The cellular machinery of Ferroplasma acidiphilum is iron-protein-dominated. Nature 445, 91-94 (4 de xaneiro de 2007) doi:10.1038/nature05362 October 2006. . Este proceso produce como residuo ácido sulfúrico, o que leva á acificación do ambiente no que vive.
Os sulfuros sofren as seguintes reaccións:
FeS2 + 3½ O2 + H2O → Fe2+ + 2 SO42- + 2 H+
FeS2 + 14 Fe3+ + 8 H2O → 15 Fe2+ + 2 SO42- + 16 H+.
A reacción desprázase cara á oxidación de FeS2.
F. acidiphilum, igual que Thermoplasma, non ten parede celular. Porén, ao contrario que Thermoplasma, a membrana plasmática de F. acidiphilum non contén lípidos tetra-éter.
F. cupricumulans (sinónimo F. cyprexacervatum) é tamén quimioautótrofo sen parede celular e vive en zonas con sulfuro en drenaxes mineiras, pero é moderadamente termófilo (temperatura óptima 53,6 °C) e tamén é moi acidófilo (pHs óptimos de crecemento entre 1,0 e 1,2).Hawkes RB, Franzmann PD, O'Hara G, Plumb JJ. . Ferroplasma cupricumulans sp. nov., a novel moderately thermophilic, acidophilic archaeon isolated from an industrial-scale chalcocite bioleach heap. Extremophiles. 2006 Dec;10(6):525-30. Epub 2006 May 24. PMID 16721487
F. acidarmanus foi atopado en drenaxes ácidas da mina de Iron Mountain, California, onde é unha especie dominante e vive quimioautótrofamente oxidando ferro e sulfuro nas piritas, o seu pH óptimo é 1,2, pode vivir con altas concentracións de metais, e crece máis rapidamente que F. acidiphilum.Mark Dopson, Craig Baker-Austin, Andrew Hind, John P. Bowman, Philip L. Bond. Characterization of Ferroplasma Isolates and Ferroplasma acidarmanus sp. nov., Extreme Acidophiles from Acid Mine Drainage and Industrial Bioleaching Environments. Appl Environ Microbiol. Apr 2004; 70(4): 2079–2088. doi: 10.1128/AEM.70.4.2079-2088.2004 PMCID: PMC383147.
Notas
Véxase tamén Bases de datos científicas
Ligazóns externas
Categoría:Arqueas