En hematoloxía, a pancitopenia é unha condición médica que implica a presenza de niveis diminuídos das tres series que compoñen o sangue, isto é, unha redución dos niveis de plaquetas (trombopenia), glóbulos vermellos (anemia e glóbulos brancos (leucopenia).

Se só se ven afectadas dúas das tres series, emprégase o termo bicitopenia.

Definición Os criterios diagnósticos de pancitopenia son os seguintes: Anemia: niveis de hemoglobina < 13.5 g/dL (en home) ou 12 g/dL (en mulleres). Leucopenia ou leucocitopenia: reconto de glóbulos brancos < 4.0 x 109/L. Prodúcese unha redución en todos os tipos de glóbulos brancos: neutrófilos (neutropenia), eosinófilos, basófilos, monócitos e linfocitos (linfopenia). Trombopenia, trombocitopenia ou plaquetopenia: reconto de plaquetas < 150×109/L.

Causas As principais causas de pancitopenia son as seguintes: Linfohistiocitose familiar Anemia aplásica Doenza de Gaucher Disqueratose conxénita Síndrome mielodisplásico Leucemia Leishmaníase Deficiencia de ácido fólico Deficiencia de vitamina B12 Lupus eritematoso sistémico Hemoglobinuria paroxística nocturna Infeccións víricas (HIV é a máis común). Deficiencia de cobre. Anemia perniciosa Fármacos Hiperesplenismo Osteopetrose Envelenamento por arsénico Doenza de Sako Síndrome de radiación crónica Síndrome LIG4

Notas

Véxase tamén Outros artigos Anemia Ligazóns externas EID Journal (Volumen 6, Número 6), CDC, decembro 2000 .

Categoría:Hematoloxía