San Cristovo de Arzón é unha parroquia que se localiza no sueste do concello coruñés de Negreira, na comarca da Barcala. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 76 habitantes (37 homes e 39 mulleres) distribuídos en 3 entidades de poboación (Romarís, Porqueira e A Devesa), o que supón unha diminución en relación ao ano 1999, cando tiña 115 habitantes.

Patrimonio Desde a aldea da Devesa parte un paseo á beira do río Corzán, de máis de 2 quilómetros, que vai a desembocar no río Tambre, ao lado dunha presa construída recentemente.

Economía Tradicionalmente a veciñanza viviu da agricultura e a gandería. Nos últimos anos diminuíu a poboación, e parte dos seus habitantes traballan en vilas dos arredores.

Festas A festa máis importante e Nosa Señora da Paz, que se celebra o 28 de agosto. Tamén se celebra a Virxe do Carme o 29 de agosto. Outras festas que se celebran, aínda que con menos importancia son San Xosé (19 de marzo), Santo Antonio (30 de maio), San Cristovo (10 de xullo), o Santísimo Sacramento (primeiro domingo de setembro) e San Miguel (29 de setembro).

Lugares e parroquias Lugares de Arzón

Parroquias de Negreira

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Negreira

Categoría:Parroquias de Negreira Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Cristovo