Francisco Olazar, nado o 11 de xullo de 1885 en Quilmes e finado o 21 de setembro de 1958 foi un xogador e adestrador de fútbol arxentino que xogaba na demarcación de centrocampista.
Traxectoria Coma xogador formouse no Racing Club de Avellaneda, único equipo co que xogaría e co que debutou na Primeira División arxentina en 1910. No equipo arxentino desenvolveu unha exitosa carreira coa consecución do título de liga en oito ocasións, sete delas de maneira consecutiva.
Como adestrador dirixiu á Selección de fútbol da Arxentina en 11 ocasións entre 1929 e 1930, dirixindo ao equipo á consecución do título da Copa América, disputada en 1929 en Buenos Aires, e no Mundial de Fútbol Uruguai 1930 no que acadou o subcampionato.
Palmarés Coma xogador, co Racing de Avellaneda: Ligas arxentina (8): 1913, 1914, 1915, 1916, 1917, 1918, 1919 e 1921.
Coma adestrador, coa selección de fútbol da Arxentina: Copa América 1929.
Véxase tamén Ligazóns externas Blog de aficionados do Racing Club
Categoría:Nados en Quilmes Categoría:Nados en 1885 Categoría:Futbolistas da Arxentina Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Racing Club de Avellaneda Categoría:Adestradores de fútbol da Arxentina Categoría:Adestradores da selección de fútbol da Arxentina Categoría:Adestradores do Mundial de Fútbol de 1930 Categoría:Adestradores gañadores da Copa America