Givanildo Vieira de Souza, máis coñecido como Hulk, nado en Campina Grande, Paraíba, o 25 de xullo de 1986, é un futbolista internacional brasileiro que xoga como dianteiro, aínda que comezou a carreira como lateral, para o Atlético Mineiro. Cunha forte complexión física para un futbolista, recibe o seu alcume de Hulk, non polo seu parecido á personaxe de banda deseñada de Marvel creada por Stan Lee e Jack Kirby, senón polo seu parecido a Lou Ferrigno, quen interpretou o personaxe na serie televisiva dos anos 1970.
Sen ter destacado no Brasil, Hulk deixou o Vitória con só 18 anos para facer carreira no Xapón, no Kawasaki Frontale, Tokyo Verdy e Consadole Sapporo, estabelecendo unha destacable media de goles (74 en 111 partidos). Finalmente acabou asinando polo FC Porto en 2008, onde desde entón, chamou a atención doutros grandes clubs europeos, principalmente grazas á tempada 2010-11 que fixo no club portugués, tendo marcado 36 goles en todas as competicións e sendo o máximo goleador da Primeira Liga con 23 goles, alén de 21 asistencias. Ese ano foi elixido como futbolista do ano no país. Finalmente no ano 2012 marchou á liga rusa asinando co Zenit de San Petersburgo.
Categoría:Nados en 1986 Categoría:Nados no estado da Paraíba Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Futbolistas olímpicos do Brasil Categoría:Xogadores do São Paulo FC Categoría:Xogadores do EC Vitória Categoría:Xogadores do Consadole Sapporo Categoría:Xogadores do FC Porto Categoría:Xogadores do FC Zenit San Petersburgo Categoría:Xogadores do Kawasaki Frontale Categoría:Xogadores do Tokyo Verdy Categoría:Xogadores do Clube Atlético Mineiro Categoría:Xogadores da selección de fútbol do Brasil Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 2014 Categoría:Futbolistas nos Xogos Olímpicos de 2012 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2012 Categoría:Medallistas olímpicos de prata polo Brasil Categoría:Medallistas olímpicos en fútbol