MasterChef é un programa de televisión gastronómico español que busca o mellor cociñeiro afeccionado de España. O formato está baseado nun espazo de televisión británico de cociña co mesmo título. A produción do programa corre a cargo de Televisión Española en colaboración con Shine Iberia. Estreouse en La 1 o 10 de abril de 2013. O reality está conducido por Jordi Cruz, mentres que Jordi Cruz, Samantha Vallejo-Nágera e Pepe Rodríguez son os xefes de cociña que xulgan os pratos dos aspirantes.

Historia Só quince elixidos, de entre as 9.000 persoas que se presentaron ao casting da primeira edición, competiron polo título de MasterChef España.

O gañador recibiu un premio de 100.000 euros en metálico, a publicación dun libro coas súas receitas e unha formación na escola de alta cociña en Le Cordon Bleu (durante a primeira e a segunda edición) e no Basque Culinary Center (a partir da terceira edición).

Ás probas de selección, cooordinadas pola directora de casting de Shine Iberia, Esther González, e iniciadas o 4 de febreiro de 2013 en cinco comunidades autónomas do país, presentáronse profesionais de todo tipo, dende altos executivos até amas de casa ou obreiros da construción. A todos os candidatos uníaos a súa paixón por cociñar. Debían ser cociñeiros afeccionados pero «moi cualificados» en todos os casos, aínda que non traballaran no mundo da cociña.

Produción A versión española de MasterChef foi filmada nos Estudios Buñuel (nas dúas primeiras edicións) e dende Fuente el Saz de Jarama (onde se graba dende a terceira edición).

O programa está producido por Televisión Española en colaboración coa produtora Shine Iberia. A raíz do éxito colleitado a nivel internacional, este espazo de cociña foi distribuído a diferentes canles de televisión de trinta e sete países dos cales cento cuarenta e cinco emitírono.

Formato Durante o programa, transcorren unha serie de probas ás que os aspirantes deben enfrontarse para demostrar que son os mellores. Cabe indicar que os concursantes teñen un tempo determinado para realizar todas as probas, no que deben cociñar o menú e telo emplatado, e unha vez finalizado non poderán modificar os pratos. Os aspirantes teñen 3 minutos para abastecerse dos ingredientes que poidan necesitar para cociñar do supermercado nas probas de interior. As probas ás que terán que facer fronte os concursantes son:

Caja misteriosa (proba inicial): Os concursantes recibirán un ou máis ingredientes que deben utilizar no prato a cociñar dalguhna forma, ben ao seu estilo, ou ben seguindo as indicacións ou consellos que dera o xurado. Unha vez terminado o tempo os xuíces «deliberan» e os dous ou tres mellores pratos serán os capitáns da seguinte proba. O mellor aspirante será recompensado dalguhna forma, xeralmente coa inmunidade, asegurándose a súa permanencia no concurso unha semana máis. Prueba por equipos: Esta proba realizarase fora das cociñas de Masterchef, xeralmente para cociñar para personalidades públicas ou recoñecidas. Os concursantes divídense en dous equipos, vermello e azul, e o capitán de cada un debe escoller aos integrantes e o menú a cociñar, empezando o mellor da proba inicial. Os concursantes terán que cociñar de forma organizada para lograr sacar todos os pratos a tempo. O equipo peor valorado terá que enfrontarse á proba de eliminación. Prueba de eliminación: O equipo ou os concursantes que mellor o fixeran na proba anterior estarán exentos desta proba e observarán aos compañeiros que perderan. Os concursantes perdedores deberán cociñar a receita que indique o xurado. O xurado deliberará e o dono/a do peor prato abandonará o programa definitivamente. Cabe mencionar que o xurado pode enviar a calquera aspirante directamente a esta proba en calquera momento do programa a modo de sanción, ben sexa por presentar un prato mal elaborado ou por facer algo que incumpla as normas do programa. Prueba de presión (proba inicial): É a proba máis dura. Unha ou varias estrelas importantes da cociña visitará o programa, enseñaralles unha das súas creacións mestras e terana que reproducir da maneira máis fidedigna posible á orixinal seguindo as indicacións e os pasos do mestre. Reto creativo (proba inicial): Os aspirantes serán limitados a usar úns ingredientes, e con eles deberán cociñar o prato que decidan, tratando de que os ingredientes propostos combinen de forma adecuada. O xurado pode darlles indicacións.

Equipo Presentadora Cadea27px|La 1 Edición1234567891011Ano20132014201520162017201820192020202120222023Eva González

Xurado As elaboracións dos concursantes son valoradas por un xurado profesional composto por tres chefs, véndose en ocasións reforzado polos invitados do programa.

Cadea27px|La 1 Edición1234567891011Ano20132014201520162017201820192020202120222023Pepe RodríguezJordi CruzSamantha Vallejo-Nágera

Tempadas TempadaN.º de programasParticipantesEstreaFinalGañadoresAudiencia mediaEspectadoresCota1131510 de abril de 20132 de xullo de 2013Juan Manuel Sánchez3 421 00018,3%2159 de abril de 201423 de xullo de 2014Vicky Pulgarín3 189 00019,0%313167 de abril de 201530 de xuño de 2015Carlos Maldonado3 090 00018,6%46 de abril de 201629 de xuño de 2016Virginia Naranjo3 071 00019,7%516 de abril de 201728 de xuño de 2017Jorge Brazález2 495 00017,5%61522 de abril de 20189 de xullo de 2018Marta Verona2 528 00018,9%71626 de marzo de 201925 de xuño de 2019Aleix Puig1 847 00015,0%81813 de abril de 20206 de xullo de 2020Ana Iglesias2 932 00023,1%91613 de abril de 202113 de xullo de 2021Arnau París1 638 00015,2%1018 de abril de 202218 de xullo de 2022María Lo1 642 00014,6%11252627 de marzo de 202319 de xuño de 2023Eneko Fernández 1 349 000 13,3%Total13215910 de abril de 201319 de xuño de 20232 821 00018,8%

Especiais O 23 de decembro de 2014 emitiuse un especial de Nadal cheo de reencontros, maxia, emoción e as mellores receitas de Nadal cos exconcursantes Juan Manuel, Eva, Fabián, Maribel, Vicky, Mateo, Cristóbal e Churra das dúas primeiras edicións ordinarias, e Mario, Ana Luna, Esther e Aimar, da primeira edición de MasterChef Junior. Os aspirantes enfrontáronse, individualmente e por parellas, a tres retos, doando os gañadores de cada proba o premio a unha obra social. En total repartíronse 6.000 euros. Foi presentado por Eva González e os tres membros do xurado Pepe Rodríguez, Jordi Cruz e Samantha Vallejo-Nágera, a cal ademais mostrou trucos sinxelos para vestir a mesa e gozar dunha comida elegante e con estilo. Acudiron os chefs Kiko Moyá, Carles Abellán e Toño Pérez, dando ideas aos aspirantes para crear os pratos perfectos para un menú de Nadal.Celebra la Navidad con MasterChef Contou cunha audiencia de 2.330.000 espectadores e un 13% de cota de pantalla.

MasterChef 1 (2013) Xurado Xurado Lugar de residencia Profesión Pepe Rodríguez Toledo Cociñeiro e xefe de cociña do restaurante «El Bohío» en Illescas, Toledo Jordi Cruz Barcelona Cociñeiro e xefe de cociña do restaurante «ABaC» de Barcelona Samantha Vallejo-Nágera Madrid Presentadora de El toque de Samantha e propietaria de «Samantha Cátering».

Concursantes Concursantes Lugar de procedencia Idade Ocupación Duración Información center|15px Juan Manuel Sánchez Reche Almería 25 Camareiro 83 días Gañador Eva Micaela Millán Córdoba 32 Bióloga 83 días 2ª finalista Fabián León Palma de Mallorca 18 Estudante 83 días 3º finalista José David Moliner Valencia 33 Enxeñeiro Informático 76 días 13º expulsado Maribel Gil Castelló de la Plana 59 Ama de casa 69 días 12ª expulsada José Antonio Cerezo Teruel 37 Soldador 62 días 11º expulsado Clara Pérez Villalón Madrid 22 Estudante 55 días 10ª expulsada María de la Fuente Córdoba 23 Esteticista 48 días 9ª expulsada José Luis Pamplona 58 Policía Foral 41 días 8º expulsado Noé Carmona Córdoba 32 Revenue Manager 41 días 7º expulsado Santiaga Muñoz Cidade Real 52 Ama de casa 13 días / 1 día 3ª expulsada / 6ª expulsada Efrén Álvarez Lugo 24 Estudante 27 días 5º expulsado Nati Kaa Sánchez Bilbao 42 Administrativa 20 días 4ª expulsada Juanma Villar Madrid 48 Empresario 7 días 2º expulsado Paloma Ayensa Madrid 22 Estudante 1 día 1ª expulsada

MasterChef 2 (2014) Xurado Xurado Lugar de residencia Profesión Pepe Rodríguez Toledo Cociñeiro e xefe de cociña do restaurante «El Bohío» en Illescas, Toledo Jordi Cruz Barcelona Cociñeiro e xefe de cociña do restaurante «ABaC» de Barcelona Samantha Vallejo-Nágera Madrid Presentadora de El toque de Samantha e propietaria de «Samantha Cátering».

Concursantes Concursantes Lugar de procedencia Idade Ocupación Duración Información center|15px Vicky Pulgarín Mallorca 31 Carniceira en paro 91 días Gañadora Mateo Sierra Huesca 20 Estudante de Historia da Arte 91 días 2° finalista Cristóbal Gómez Granada 33 Camareiro 49 días / 21 días 8º expulsado / 3° finalista Emil Samper Barcelona 44 Realizador de publicidade 84 días 13° expulsado Lorena Ruiz Málaga 39 Enxeñeira de son e DJ 35 días / 14 días 6ª expulsada / 12ª expulsada Cristina Romero Madrid 46 Empresaria 70 días 11ª expulsada Milagrosa Gavilán Xerez da Fronteira 51 Dependenta 63 días 10ª expulsada Marina Rodríguez Negro Mallorca 46 Asistente de dirección 56 días 9ª expulsada Gonzalo Ribot Madrid 48 Profesor de ioga 56 días Abandono voluntario Celia Lastres Madrid 27 Técnico de radioterapia 42 días 7ª expulsada Jorge Cuéllar Segovia 36 Doctor en Bioloxía molecular 28 días 5º expulsado Miguel Ángel Martínez Madrid 41 Oficial funerario 21 días 4º expulsado Churra Costa Pontevedra 71 Ama de casa 14 días 3ª expulsada Daniel Díez Valencia 34 Arquitecto 7 días 2º expulsado Lola Hidalgo Córdoba 22 Estudante de Ciencias Ambientais 1 día 1ª expulsada

Premios e recoñecementos Ano Galardón Categoría Resultado 2013 Premios da Crítica do FesTVal Mellor programa interesante Gañador 2013 Premios Ondas Mellor programa de entretemento Gañador 2013 Lovie Awards Mellor programa de televisión Gañador 2014 Premios Zapping Mellor programa de entretemento Gañador

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial do programa

Categoría:Programas de Televisión Española Categoría:Programas de televisión de España