A illa dos EstadosStatenlant ou "Terra dos Estados" foi o nome que lle deron os exploradores holandeses Willem Schouten e Jacob Le Maire o 25 de xaneiro de 1616, no curso da súa viaxe ao redor do mundo, crendo que era parte da Terra Australis Incognita. Staten ("dos Estados") deriva do nome do parlamento dos Países Baixos, Estados Xerais (Staten-Generaal). As Terras dos Estados era o nome que se lles daba na época aos territorios dependentes da República das Sete Provincias Unidas, daquela en guerra contra o rei de España. O seu nome actual en neerlandés é Stateneiland. está situada no océano Atlántico Sur, ao leste da península Mitre da illa Grande da Terra do Fogo, da cal está separada polos 24 km do estreito de Le Maire.
Pertence ao departamento de Ushuaia da provincia de Terra do Fogo, Antártida e Illas do Atlántico Sur, na Arxentina.
Dado que foi declarada reserva provincial ecolóxica, histórica e turística, o acceso está restrinxido a determinados continxentes turísticos que parten desde Ushuaia, que deben pernoctar na embarcación que os traslada.
Todo o arquipélago é administrado pola Armada Arxentina.
Xeografía miniatura|290px|Localización da illa (á dereita do mapa). 290px|miniatura|Montañas na illa dos Estados.
A illa en dirección norte-sur chega a ter só 500 m de longo, alcanzando no seu punto máximo os 16 km. Ten 65 km de lonxitude e elévase até uns 800 msnm, representando a última manifestación no continente americano da cordilleira dos Andes, antes de afundirse no mar.
Abarca 534 km². A orografía é sumamente accidentada, ao igual que a súa costa recortada por fiordes e baías, e o seu clima é hiperhúmido, con 2000 mm de chuvia anuais. A costa recortada da illa orixinouse pola acción dos glaciares no plistoceno. O monte Bove, de 823 m, é o pico máis alto das illas.
Na costa norte da illa de oeste a leste están as baías Crossley, Balmaceda (separadas polo cabo Galeano), Flinders (separada polo Beaulieu), San Antonio (separada polo cabo San Antonio) e Colnett (separada polo cabo Colnett). Ao sur da illa destacan as baías Franklin, Capitán Cánepa, York, Grant e Blossom.
Os portos na costa norte, de oeste a leste, son: Hoppner, Parry, Presidente Roca, Basil Hall, Año Nuevo, Cook, Pactolus e San Juan del Salvamento. Na costa sur, de leste a oeste, están: Back ou Lencina, Vancouver, Lobo, Heredia e Celular.
A costa sur esténdese desde o cabo San Bartolomé, no extremo sur do estreito de Le Maire, até o cabo San Juan, no extremo oriental da península Aguirre.
Illotes
A illa está acompañada por outras illas menores e illotes que conforman o arquipélago do Ano Novo, sendo a maior a illa Observatorio, a 6,5 km ao norte da illa dos Estados, cunha superficie de 4 km², formando parte do grupo as illas Elizalde, Zeballos e Alférez Goffre. Outro grupo está ao sur da illa, as illas Dampier, das que a maior é a illa Barrionuevo e as menores os illotes Azar, Gazal, Gianotti e de Chiara. Ao sur da baía York áchanse as illas Menzier, grupo formado polas illas Ruiz, Sánchez, Vargas, Velázquez e, máis afastado, o illote Gatica. O grupo dos illotes fronte á punta Soria está conformado polos illotes Villegas, Peña, Rojas, Méndez e Maragliano. Forman tamén parte do arquipélago os illotes os Tres García, Trípode, illa Mendieta, illote Gemma, illote Montegrosso, rocha Ibáñez, illote Colnett, illote Pellares, os illotes os Tres Fernández, illote Pleamar, illote San Juan, rocha Sapo, rocha Tévez, rochas Miretti, rochas Bordón, illotes Fabián, illotes Gilbert, rochas Laporte, rochas Amesgaray, illotes Siri, rochas Amarilla, illote Martino, rochas Duks, illote Zurbriggen , illote Alexander, illotes os Cáceres, illotes Zalazar, illotes Cinco Romero, illotes Los Chaile, illote Muñoz (todos na baía Capitán Cánepa), illotes los Bordón (na baía Franklin).
Medio ambiente miniatura|200px|Nothofagus betuloides. miniatura|200px|Lontra mariña suramericana (Lontra felina).
Flora e fauna
A vexetación da illa componse de bosques de Nothofagus betuloides, árbore da familia das notofagáceas, ou das fagáceas, para algúns autores,Nothofagus betuloides en GRIN Taxonomy for Plants. e Drimys winteri, da familia das winteráceas; ambas as especies son árbores moi resistentes ao frío, e foron introducidas como cultivo nas illas Feroe,Højgaard, A., J. Jóhansen, and S. Ødum (eds.) (1989): A century of tree planting in the Faroe Islands. Torshavn: Føroya Frodskaparfelag.
Debaixo do estrato arbóreo hai un sotobosque de fentos, liques, musgos e arbustos espiñentos, como Berberis buxifolia.
Dentro da fauna destacan en especial as aves e os mamíferos mariños que habitan nas augas e costas da illa, como pingüíns de varias especies, cetáceos, lobos mariños, como Otaria flavescens e Arctocephalus australis, a lontra mariña (Lontra felina), e varias especies de gaivotas, corvos mariños e petreis. Nas lagoas interiores destacan unha londra de auga doce (Lutra provocax) e o peixe Galaxias maculatus.
Ademais introducíronse cabras en 1868 e cervos comúns (Cervus elaphus) en 1976. Tamén foron introducidos coellos e vacas, pero estas últimas non prosperaron.
Así mesmo, escondidas nos barcos, lograron arribar e colonizar esta illa as daniñas ratas comúns (Rattus norvegicus) que, co tempo, evolucionaron alí, sendo máis peludas e grandes que noutras rexións.
Reserva provincial
En 1991 sancionouse a Constitución da nova Provincia arxentina da Terra do Fogo, Antártida e Illas do Atlántico Sur, establecendo no artigo 54, inciso 7: O 19 de setembro de 1991 foi promulgada a lei provincial N° 469 que estableceu:
miniatura|200px|Faro San Juan del Salvamento en 1898. En 1997 os restos do Faro de San Juan de Salvamento foron trasladados ao Museo Marítimo de Ushuaia mediante unha operación de rescate realizada polo Museo e a Armada Arxentina. Nesa oportunidade o enxeñeiro Mirón Gonik elaborou os planos cando se levantou o faro que se derrubara sobre si mesmo. No Museo Marítimo de Ushuaia construíuse unha maqueta a escala 1/1 do Faro que contén os restos do orixinal. En 1998 instalouse unha réplica do faro no seu lugar orixinal de punta Lasserre, en base á única fotografía existente tomada en 1898.Línea del tiempo centrada en la Isla de los Estados, el Canal Beagle y el Cabo de Hornos. O Faro da illa Observatorio foi declarado Monumento Histórico Nacional en 1999.
Historia Época precolombiana A illa dos Estados é visíbel desde a costa da illa Grande da Terra do Fogo e coñécense ledas onas e haush sobre ela. Os haush chamábana Jaius ou Jaiwesen, mentres que os onas a coñecían como Kéoin Harri ou Keoin Hurr. Pola súa parte, os iámana chamábana Chuainisin.El Correo en Isla de los Estados - 1, por Humberto Brumatti
Entre xaneiro e febreiro de 1982 a etnóloga francesa Anne Chapman realizou escavacións na zona da baía Crossley achando evidencias de presenza humana que se produciría entre os anos 300 a.C. e 500 d.C. É probábel que esa presenza humana fora dos iámanas, xa que a súa actividade canoeira se desenvolvía polos canais da Terra de Fogo.Chapman, Anne. — La Isla de los Estados en la Prehistoria. Primeros datos arqueológicos.
Primeiras exploracións O 24 de xaneiro de 1616 o buque neerlandés Eendracht, capitaneado por Willem Schouten e no que ía a bordo Jacob Le Maire, avistou o extremo oeste da illla que, ao día seguinte, chamaron Statenlant ("Terra dos Estados") crendo que era parte da Terra Australis Incognita.
En 1619 pasaron polo estreito os irmáns Nodal (Bartolomé e Gonzalo García de Nodal) enviados polo rei de España Filipe III para verificar o descubrimento de Schouten e Le Maire. Para iso, construíronse e armáronse as carabelas Nuestra Señora de Atocha e Nuestra Señora del Buen Suceso, de 80 toneladas e 40 tripulantes cada unha. A primeira ía como capitá baixo mando o de Bartolomé, e a outra como almiranta co capitán Gonzalo ao mando. Saíron de Lisboa o 27 de setembro de 1618. A mediados de xaneiro de 1619 tiveron coñecemento do cabo das Virxes, cerca do cal viron flotar os restos dun navío que naufragara. Seguindo o seu rumbo ao longo da costa oriental da Terra do Fogo, o 22 de xaneiro adentráronse no estreito de Le Maire, denominándoo estreito de San Vicente, nome que aínda conserva un dos cabos da costa occidental da Terra do Fogo. O 10 de febreiro descubriron no sueste do cabo de Fornos as illas Diego Ramírez, chamadas así en honra a Diego Ramírez de Arellano, cosmógrafo e piloto da expedición. Seguidamente os irmáns Nodales remontaron cara ao norte, entrando no estreito de Magalláns, chegando ao extremo oposto e, despois de dar a volta á Terra do Fogo, tomaron o camiño de regreso a Europa. Fondearon o 7 de xullo cerca de Lagos e desde alí foron a dar conta da súa expedición ao rei, que se encontraba en Lisboa. Os dous irmáns publicaron o diario da súa expedición co título: Relación del viaje hecho por los capitanes Bartolomé García de Nodal y Gonzalo de Nodal, hermanos, naturales de Pontevedra, para el descubrimiento del nuevo estrecho, publicado en Madrid en 1621, un tomo co seu mapa.1618 - Viaje de los Capitanes Nodal a Tierra del Fuego en Histamar. Historia y Arqueología Marítima. Mapa do estreito de Magalláns, debuxado ra "Relación" dos irmáns Nodal en Raremaps.com Con texto
miniatura|250px|A illa dos Estados vista desde o estreito de Le Maire.
En 1624 pasou polo estreito de Le Maire a expedición neerlandesa de Jacques L'Hermite, permanecendo un mes nel.
O almirante holandés Hendrick Brouwer circunnavegou a illa en 1643, descubrindo por tanto que era unha illa e non unha península da Terra Australis Incognita. Brouwer describiuna como "un reducido bastión de rocha azoutado pola ondada e os ventos do polo".
En 1701 o francés Jacques Gouin de Beauchêne avistou a illa, describíndoa como «unha illa moi importante de impoñentes cumes".
En 1703 a nave Cinque Ports da expedición corsaria británica de William Dampier recalou na illa dos Estados despois dunha tempestade.
En 1706 dúas expedicións francesas procedentes do porto bretón de Saint-Malo avistaron o extremo oriental da illa: a de Xoán de Noail, señor de Parc (Jean Nouail ou Nouaille, sieur du Parc, en francés), capitán do navío corsario Sage-Salomon, que o bautizou como "cabo San Juan" o 29 de xaneiro de 1706,Naves francesas que exploraron los mares de Chile. En infanciadechile.info, Infancia de Chile-Museo virtual de gravados anteriores a 1800. En archivoshistoricos.com.ar, Lugares de Argentina, Ushuaia, Lugares propuestos para su declaratoria, San Juan de Salvamento. e a do abade Noël Jouin, no verán.
250px|miniatura|As corvetas Atrevida e Descubierta, as naves da expedición Malaspina.
En 1789 atravesou o estreito de Le Maire a expedición Malaspina da Coroa española. Os propósitos da expedición serían os seguintes: incrementar o coñecemento sobre ciencias naturais (botánica, zooloxía, xeoloxía), realizar observacións astronómicas e "construir cartas hidrográficas para las regiones más remotas de América". O proxecto recibiu a aprobación de Carlos III, dous meses exactos antes da súa morte.
A expedición, que contaba coas fragatas Atrevida e Descubierta, saíu de Cádiz o 30 de xullo de 1789, levando a bordo á flor e nata dos astrónomos e hidrógrafos da Mariña española, acompañados tamén por grandes naturalistas e debuxantes.
Os navíos foron deseñados e construídos especialmente para a viaxe, e foron bautizados por Malaspina en honor dos navíos de James Cook Resolution e Discovery ("Atrevida" e "Descuberta").Felipe Fernández-Armesto (2006): Los conquistadores del horizonte. Una historia mundial de la exploración. Bracelona: Destino. ISBN 978-84-233-3867-2
En 1790 o bergantín Hancock de Estados Unidos recala na illa matando moitos lobos mariños de dous pelos e elefantes de mar.
En 1787 o capitán británico James Colnett realizou a primeira explotación coñecida de peles de lobo mariño e graxa de pingüíns na illa