O Team Rebaque foi un equipo e construtor mexicano de Fórmula 1, con sede en Leamington Spa, Reino Unido. Participaron en 30 Grandes Premios, inicialmente con coches comprados a Team Lotus, antes de que finalmente construíra un coche propio. O Rebaque HR100 foi presentado para as tres últimas carreiras do equipo antes do peche do mesmo.

Historia O equipo foi fundado e centrado ao redor de Héctor Rebaque, o piloto mexicano que conduciu por primeira vez na Fórmula Un en para Hesketh. Logo da súa tempada de debut foi descartado por Hesketh, e sen outro equipo disposto a contratalo, Rebaque como piloto decidiu crear o seu propio equipo.

Ao comezo da tempada Rebaque chegou a un acordo con Team Lotus para comprar o seu modelo Tipo 78 de 1977. Tiña moi pouca experiencia, só lograra cualificar para unha carreira con Hesketh, e tivo un ano difícil. Malia que logrou anotar un punto no Gran Premio de Alemaña, tamén sufriu a ignominia de verse forzado a retirarse do Gran Premio do Brasil, debido a fatíga do condutor.

Rebaque HR100 Continuou o acordo con Lotus para a tempada esta vez comprando o Lotus Tipo 79 campión do ano anterior. Durante o ano encargou a Penske construír un chasis, o Rebaque HR100.http://www.racingsportscars.com/chassis/HR100-001.html O deseño do coche, de Geoff Ferris coa achega de John Barnard, estaba fortemente influenciado polo deseño do Lotus 79, e tamén incorporaba algúns elementos dos pontóns do Williams FW07. Rematouse a tempo para o Gran Premio de Italia dese ano, malia que non puido cualificarse. Para o Gran Premio do Canadá cualificou pero tivo que retirarse por problemas no chasis na volta 26, finalmente no GP dos Estados Unidos non logrou cualificar. O equipo pechouse a finais de ano. A metade da tempada de Rebaque fichou por Brabham substituíndo a Ricardo Zunino. Ata a data Rebaque segue sendo o único equipo mexicano que participou nun Gran Premio do Campionato do Mundo.

Resultados Completos na Fórmula Un (Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Chasis Motor Pneu. Pilotos 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 Puntos Pos. Lotus 78 Ford ARX BRA RSA USW MON BEL ESP SWE FRA RU ALE AUT NED ITA USA CAN 1 n/a Héctor Rebaque NSC Ret 10 NSCP NSCP NSCP Ret 12 NSC Ret 6 Ret 11 NSC Ret NSC Lotus 79 Ford ARX BRA RSA USW ESP BEL MON FRA RU ALE AUT NED ITA CAN USA 0 NC Héctor Rebaque Ret NSC Ret Ret Ret Ret 12 9 Ret NSC 7 Rebaque HR100 NSC Ret NSC

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Héctor Alonso Rebaque - El último amateur de la F1 , Carlos Eduardo Jalife Villalon, Scuderia Hermanos Rodriguez, 2010.

Categoría:Escuderías de Fórmula 1 Categoría:Deporte en México