Casimiro Salgado Castro foi un político galego.

Traxectoria Presidente da Agrupación Socialista de Codosedo. Foi elixido alcalde de Sarreaus o 22 de marzo de 1936, logo de tomar posesión como concelleiro xestor nomeado polo Gobernador civil. Coa sublevación do 18 de xullo de 1936 foille clausurada a casa na que tiña a sede a AS; despois solicitou a condonación e afiliouse a Falange para non ser molestado. Foi procesado por encubremento pero a causa foi sobresida o 20 de xuño de 1939.

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Alcaldes de Sarreaus Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República