Lucile Vasconcellos Langhanke, nada en Quincy (Illinois) o 3 de maio de 1906 e finada en Woodland Hills (California) o 25 de setembro de 1987 foi unha actriz estadounidense, coñecida como Mary Astor.
Traxectoria Filla de profesores, foi escolarizada na casa e recibiu clases de piano do seu pai. En 1919 enviou unha fotografía a un concurso de beleza no que foi semifinalista. Cando a súa familia marchou a Chicago polo traballo do pai, Astor comezou a recibir clases de interpretación.
Cando o ano seguinte volveu enviar unha foto e foi finalista a nivel nacional, a familia mudouse a Nova York para que puidese actuar en filmes.
Astor debutou no cinema en 1920 e pronto conseguiu boas críticas pola súa aparición en varias curtametraxes. Tras vela nunha fotografía John Barrymore quixo contratala e apoiou a súa carreira.
Coa chegada do cinema falado, a Fox fíxolle un test de son que non foi ben porque consideraban a súa voz demasiado profunda. Astor adestrou a voz e tomou clases de canto, pero estivo oito meses sen traballar en 1929.
Cando xa se sentía feliz de traballar de novo, o 2 de xaneiro de 1930 faleceu o seu marido, o actor Kenneth Hawks, nun accidente de aviación mentres filmaba no océano Pacífico. Isto provocoulle un ataque de nervios e estivo meses enferma.
Casada novamente co doutor Franklyn Thorpe, o seu divorcio en 1935 e a conseguinte loita pola custodia da súa filla de catro anos acabaron nos xornais, con Thorpe falando dos asuntos amorosos de Astor con outros actores famosos. Porén estes escándalos non danaron a súa carreira, que foi revitalizada coa publicidade, sendo Dodsworth un grande éxito de público. En 1941 gañou o Oscar á mellor actriz secundaria por The Great Lie.
En 1949 ingresou nun sanatorio por mor do seu alcoholismo, que xa recoñecera na década de 1930. Dous anos despois chamou ao seu médico para informar que tomara demasiadas pílulas para durmir. Foi levada ao hospital na que foi a súa terceira sobredose en dous anos. Ese mesmo ano ingresou en Alcohólicos Anónimos e converteuse ao catolicismo.
A partir de 1954 participou tamén en numerosas series de televisión.
Filmografía Ano Título 1920 The Scarecrow 1921 Wings of the Border 1921 The Beggar Maid 1921 My Lady o' the Pines 1921 Sentimental Tommy 1921 Brother of the Bear 1921 The Bashful Suitor 1921 Bullets or Ballots 1922 The Rapids 1922 The Man Who Played God 1922 Hope 1922 John Smith 1922 The Young Painter 1922 The Angelus 1923 To the Ladies 1923 Woman-Proof 1923 The Marriage Maker 1923 Puritan Passions 1923 The Bright Shawl 1923 Success 1923 Hollywood 1923 Second Fiddle 1924 Inez from Hollywood 1924 The Price of a Party 1924 Unguarded Women 1924 The Fighting American 1924 Beau Brummel 1924 The Fighting Coward 1925 Scarlet Saint 1925 The Pace That Thrills 1925 Don Q Son of Zorro 1925 Playing with Souls 1925 Enticement 1925 Oh Doctor! 1926 Forever After 1926 Don Juan 1926 The Wise Guy 1926 High Steppers 1927 No Place to Go 1927 The Rough Riders 1927 Rose of the Golden West 1927 Two Arabian Knights 1927 The Sunset Derby 1927 The Sea Tiger 1928 Romance of the Underworld 1928 Dry Martini 1928 Heart to Heart 1928 Three-Ring Marriage 1928 Dressed to Kill 1928 Sailors' Wives 1929 The Woman from Hell 1929 New Year's Eve 1930 The Lash 1930 Holiday 1930 Ladies Love Brutes 1930 The Runaway Bride 1931 Smart Woman 1931 White Shoulders 1931 The Sin Ship 1931 Behind Office Doors 1931 Other Men's Women 1931 The Royal Bed 1932 Red Dust 1932 Men of Chance 1932 A Successful Calamity 1932 Those We Love 1932 The Lost Squadron 1933 Convention City 1933 The World Changes 1933 The Kennel Murder Case 1933 Jennie Gerhardt 1933 The Little Giant 1934 I Am a Thief 1934 The Case of the Howling Dog 1934 The Man with Two Faces 1934 Return of the Terror 1934 Upper World 1934 Easy to Love 1935 Man of Iron 1935 Red Hot Tires 1935 Page Miss Glory 1935 Dinky 1935 Straight from the Heart 1935 Lady from Nowhere 1936 Dodsworth 1936 Trapped by Television 1936 And So They Were Married 1936 The Murder of Dr. Harrigan 1937 The Hurricane 1937 The Prisoner of Zenda 1938 Listen, Darling 1938 Woman Against Woman 1938 There's Always a Woman 1938 Paradise for Three 1938 No Time to Marry 1939 Midnight 1940 Brigham Young 1940 Turnabout 1941 The Maltese Falcon 1941 The Great Lie 1942 The Palm Beach Story 1942 Across the Pacific 1943 Thousands Cheer 1943 Young Ideas 1944 Blonde Fever 1944 Meet Me in St. Louis 1946 Claudia and David 1947 Cass Timberlane 1947 Cynthia 1947 Desert Fury 1947 Fiesta 1948 Act of Violence 1949 Any Number Can Play 1949 Little Women 1956 The Power and the Prize 1956 A Kiss Before Dying 1957 The Devil's Hairpin 1958 This Happy Feeling 1959 A Stranger in My Arms 1961 Return to Peyton Place 1964 Youngblood Hawke 1964 Hush… Hush, Sweet Charlotte Véxase tamén
Ligazóns externas
AFI Catalog Silent Films My Story: An Autobiography en Internet Archive Virtual-History Foto da voda de Mary Astor e Kenneth Hawks A Lady's a Lady: The Versatile Elegance of Mary Astor, por Imogene S. Smith You Don't Wanna Know About How Frank She Was: A Conversation with Marylyn Roh, daughter of Mary Astor by SelfStyledSiren
Categoría:Actores de Illinois Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de teatro dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1906 Categoría:Nados en Quincy, Illinois Categoría:Finados en 1987 Categoría:Estadounidenses de ascendencia alemá