Jon García Herrero, coñecido habitualmente como Jon García, nado o 4 de xuño de 1991 en Bilbao, Biscaia, é un futbolista profesional vasco, que xoga como defensa para o Albacete da Segunda División.
Traxectoria Nado en Bilbao, Biscaia, García uniuse ás categorías inferiores do Athletic de Bilbao, pasando a xogar no equipo xuvenil no ano 2007, cando tiña 16 anos. Alí xogou 71 partidos, alternando o último ano convocatorias co Baskonia, segundo filial do club vasco na Terceira División. Tras outro ano máis no Baskonia, en 2011 comezou a xogar para o Bilbao Athletic, da Segunda B, onde militou durante tres tempadas, disputando un total de 72 partidos, nos que anotou 4 goles.
Tras desvincularse do filial bilbaíno, fichou en 2014 polo Club Deportivo Lugo da Segunda División.O Lugo confirma a fichaxe de Jon García No Lugo tan só chegou a disputar sete partidos, nunha etapa marcada polas lesións e por unha rotura do ligamento cruzado anterior. Finalmente, o seu contrato foi rescindido e asinou polo Racing de Santander. Tras recuperarse da grave lesión, disputou oito partidos co club cántabro e disputou sen éxito a promoción de ascenso a Segunda.
A continuación pasou polo Sestao e a Ponferradina, logrando co equipo do Bierzo o ascenso á Segunda División. Con todo, durante a promoción de ascenso sufriu de novo unha rotura do ligamento cruzado anterior, o que o afastou dos terreos de xogo durante máis de medio ano.
O 28 de xaneiro de 2020, anunciouse a súa cesión ata final de tempada ó Racing de Ferrol da Segunda División B.Acuerdo para la cesión de Jon García al Racing Club de Ferrol No verán dese mesmo ano rescindiu o seu contrato coa Ponferradina e fichou definitivamente polo Racing de Ferrol, no que xogou durante os seguintes cinco anos. Acumulou un total de 120 partidos co club galego, co que conseguiu o segundo ascenso á Segunda División da súa carreira.
En 2024, trala fin do seu contrato, asinou como novo xogador do Albacete.
Clubs ClubCategoríaAnoPXGolesBaskoniaTerceira2009-2010173BaskoniaTerceira2010-2011313Athletic BSegunda B2011-201280Athletic BSegunda B2012-2013302Athletic BSegunda B2013-2014342LugoSegunda2014-201550LugoSegunda201500RacingSegunda B2015-2016
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com Datos do xogador en Transfermarkt Datos do xogador en La Segunda B Datos do xogador en Aupa Athletic
Categoría:Nados en 1991 Categoría:Nados en Bilbao Categoría:Futbolistas do País Vasco Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do CD Baskonia Categoría:Xogadores do Bilbao Athletic Categoría:Xogadores do CD Lugo Categoría:Xogadores do Racing de Santander Categoría:Xogadores do Sestao River Club Categoría:Xogadores da SD Ponferradina Categoría:Xogadores do Racing de Ferrol Categoría:Xogadores do Albacete Balompié