Verano azul é unha serie de televisión de Televisión Española producida en 1981 e dirixida por Antonio Mercero. Foi rodada durante 16 meses, entre finais de agosto de 1979 e decembro de 1980, na localidade malagueña de Nerja e nas granadinas Motril e Almuñécar.
A emisión orixinal tivo lugar na primeira cadea de RTVE entre o 11 de outubro de 1981 e o 14 de febreiro de 1982. O horario de emisión era dende as 16.05 h na tarde do domingo. Consta de 19 episodios de aproximadamente unha hora de duración cada un. Foi unha serie custosa en tempo e diñeiro. Entre escritura do guión, localizacións, rodaxe e montaxe tardou aproximadamente tres anos en estar lista para ser mostrada ao público.
En Galicia emítese de luns a venres á mañá no espazo infantil-xuvenil Xabarín Club.
Argumento A serie relata as aventuras de varios amigos, nenos e adolescentes, en vacacións de verán nunha localidade da Costa do Sol. Aínda que nunca se nomea a devandita localidade na serie, trátase de Nerja, en Málaga, así como Motril e Almuñécar, en Granada.
Trátase das aventuras dunha cuadrilla composta por cinco rapaces e dúas rapazas de diferentes idades, entre os oito e os dezasete anos, aproximadamente, e dous adultos próximos: unha pintora e un mariño retirado.
Na súa banda sonora recupéranse cancións como "No nos moverán" de Joan Baez ou "Amor de verano" do Dúo Dinámico que volve adquirir popularidade entre o público máis novo en España.
Personaxes Principais Chanquete (Antonio Ferrandis), vello mariñeiro que vive en 'La Dorada 1ª', un barco de pesca habilitado como casa en terra. Tito (Miguel Joven), en realidade chámase Francisco e é o máis pequeno da cuadrilla. O actor que lle deu vida, Miguel Joven, tiña só 6 anos e medio cando comezou a rodaxe. Compañeiro de Piraña e irmán de Bea. Bea (Pilar Torres), irmá de Tito, é a guapa do grupo, cuxo amor se disputan Javi e Pancho. Javi (Juan José Artero) é o líder da cuadrilla. Orgulloso e independente, choca a miúdo co seu pai, defensor da man dura e dos vellos valores. Pancho García (José Luis Fernández) é o repartidor dunha tenda de alimentación rexentada polos seus tíos, cos cales vive. Piraña (Miguel Ángel Valero) chámase en realidade Manolito, pero chámano deste modo debido á súa voracidade. É enxeñoso e culto, e compañeiro habitual de Tito. Quique (Gerardo Garrido), é o mellor amigo de Javi, situado entre os dous rapaces maiores e os dous pequenos, é un personaxe algo esvaecido. Desi (Cristina Torres), inseparable amiga de Bea e filla de pais separados, o que na época era toda unha novidade: é comentario habitual entre os pais dos demais rapaces. Julia (María Garralón) é unha pintora solitaria de vacacións na vila. Nun dos capítulos revélase o motivo da súa soidade.
Secundarios Agustín (Manuel Tejada) é o pai de Bea e Tito, home tranquilo e sempre aberto ao diálogo cos seus fillos. Carmen (Elisa Montés) é a nai de Bea e Tito. Javier (Manuel Gallardo) é o pai de Javi, home autoritario ao que lle importan moito os negocios. Luisa (Helga Liné) é a nai de Javi. Nati (Ofelia Angélica) é a nai de Piraña. Cosme (Manuel Brieva) é o pai de Piraña. Frasco (Fernando Sánchez Polack) é o dono do bar onde adoita ir Chanquete a xogar ao dominó. Tamén é un dos seus mellores amigos. Epifanio (Roberto Camardiel) é o alcalde da localidade. Floro (Lorenzo Ramírez) é un axente de policía da localidade. Mercedes (Concha Leza) é a nai de Quique. Enrique (Fernando Hilbeck) é o pai de Quique. Pilar (Concha Cuetos) é a nai de Desi, que está separada de Jorge, o seu marido. Jorge (Carlos Larrañaga) é o pai de Desi. Mari Luz (Esther Gala) é a tía de Desi, que vive coa súa irmá Pilar e a súa sobriña.
Premios e candidaturas Premios TP de Ouro 1981 Categoría Persoa ResultadoMellor serie nacionalGañadoraMellor actorAntonio FerrandisGañador
Fotogramas de Prata 1981 Categoría Persoa ResultadoMellor intérprete de televisiónAntonio FerrandisCandidato
Festival de Televisión de Praga (1981).
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Todos os capítulos en RTVE.es
Categoría:Series de televisión en lingua castelá Categoría:Series de televisión de Televisión Española Categoría:Series de televisión de España Categoría:Xabarín Club Categoría:Series de televisión con versión galega