Tony Rena Snell, Jr., nado o 10 de novembro de 1991 no barrio de Watts, na cidade dos Ánxeles (California) é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga nos New Orleans Pelicans da National Basketball Association (NBA).

Traxectoria profesional Snell foi elixido na 20ª posición do Draft da NBA de 2013 polos Chicago Bulls. O 10 de xullo de 2013, asinou o seu primeiro contrato profesional cos Bulls.BULLS SIGN TONY SNELL AND ERIK MURPHY Participou cos Bulls na Liga de Verán da NBA de 2013, onde fixo 11.8 puntos, 6.6 rebotes e 2.2 asistencias por partido.

O 17 de outubro de 2016, Snell foi traspasado ós Milwaukee Bucks a cambio de Michael Carter-Williams.

O 20 de xuño de 2019, Snell foi traspasado xunto os dereitos do Draft de Kevin Porter Jr. ós Detroit Pistons, a cambio de Jon Leuer.

O 20 de novembro de 2020, Snell e Khyri Thomas foron traspasados ós Atlanta Hawks a cambio de Dewayne Dedmon.

O 10 de agosto de 2021, Snell asinou cos Portland Trail Blazers.

O 8 de febreiro de 2022, Snell foi traspasado xunto a CJ McCollum e Larry Nance Jr. ós New Orleans Pelicans a cambio de Josh Hart, Nickeil Alexander-Walker, Tomáš Satoranský, Didi Louzada e unha elección da primeira rolda do Draft de 2022.

Estatísticas Tempada regular Tempada Equipo PX MIN %TC %3P %TL REB ASIS ROUB TAP PTS 2013–14 Chicago 77 16.0 .384 .320 .756 1.6 0.9 0.4 0.2 4.5 2014–15 Chicago 72 19.6 .429 .371 .800 2.4 0.9 0.4 0.2 6.0 2015–16 Chicago 64 20.3 .372 .361 .909 3.1 1.0 0.3 0.3 5.3 2016–17 Milwaukee 80 29.2 .455 .406 .810 3.1 1.2 0.7 0.2 8.5 2017–18 Milwaukee 75 27.4 .435 .403 .792 1.9 1.3 0.6 0.4 6.9 2018–19 Milwaukee 74 17.6 .452 .397 .881 2.1 0.9 0.3 0.2 6.0 Total 442 21.8 .425 .382 .819 2.4 1.0 0.5 0.2 6.2

Playoffs Tempada Equipo PX MIN %TC %3P %TL REB ASIS ROUB TAP PTS 2014 Chicago 5 9.2 .222 .000 – 1.2 0.4 0.2 0.2 0.8 2015 Chicago 11 12.7 .341 .333 1.000 1.5 0.5 0.0 0.3 3.9 2017 Milwaukee 6 30.8 .500 .516 – 2.3 1.5 0.2 0.2 10.0 2018 Milwaukee 7 19.1 .292 .238 – 1.9 0.6 0.4 0.6 2.7 2019 Milwaukee 9 3.1 .333 .500 – 0.2 0.0 0.1 0.1 0.6 Total 38 14.0 .378 .360 1.000 1.4 0.6 0.2 0.3 3.4

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference

Categoría:Nados en 1991 Categoría:Nados nos Ánxeles Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Chicago Bulls Categoría:Xogadores dos Chicago Bulls Categoría:Xogadores dos Milwaukee Bucks Categoría:Xogadores dos Detroit Pistons Categoría:Xogadores dos Atlanta Hawks Categoría:Xogadores dos Portland Trail Blazers Categoría:Xogadores dos New Orleans Pelicans