Timothy Duane "Tim" Hardaway, Jr., nado o 16 de marzo de 1992 en Alameda (California), é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga nos Dallas Mavericks da National Basketball Association (NBA). É o fillo da estrela da NBA nos anos noventa, Tim Hardaway.

Traxectoria profesional O 27 de xuño de 2013, Hardaway foi elixido na 24ª posición do Draft da NBA de 2013 polos New York Knicks. O 4 de xullo de 2013, asinou un contrato por 4 anos e 6.1 millóns de dólares cos Knicks, e participou co equipo na Liga de Verán de 2013. Ó remate da súa primeira tempada na NBA, foi elixido no primeiro equipo All-Rookie da NBA, e rematou quinto na votación ó Rookie do Ano.

Hardaway participou tamén cos Knicks na Liga de Verán da NBA de 2014.

O 31 de xaneiro de 2019, Hardaway Jr. foi traspasado xunto a Kristaps Porziņģis, Trey Burke e Courtney Lee ós Dallas Mavericks, a cambio de DeAndre Jordan, Wesley Matthews, Dennis Smith Jr. e dúas futuras eleccións da primeira rolda do Draft.

Estatísticas Tempada regular Tempada Equipo PX MIN %TC %3P %TL REB ASIS ROUB TAP PTS 2013–14 New York 81 23.1 .428 .363 .828 1.5 0.8 0.5 0.1 10.2 2014–15 New York 70 24.0 .389 .342 .801 2.2 1.8 0.3 0.2 11.5 2015–16 Atlanta 51 16.9 .430 .338 .893 1.7 1.0 0.4 0.1 6.4 2016–17 Atlanta 79 27.3 .455 .357 .766 2.8 2.3 0.7 0.2 14.5 2017–18 New York 57 33.1 .421 .317 .816 3.9 2.7 1.1 0.2 17.5 2018–19 New York 46 32.6 .388 .347 .854 3.5 2.7 0.9 0.1 19.1 Total 384 25.9 .419 .344 .818 2.5 1.8 0.6 0.2 13.0

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference

Categoría:Nados en 1992 Categoría:Nados no condado de Alameda Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos New York Knicks Categoría:Xogadores dos New York Knicks Categoría:Xogadores dos Atlanta Hawks Categoría:Xogadores dos Dallas Mavericks