One Direction (tamén coñecidos como 1D) é unha banda xuvenil anglo-irlandesa de pop establecida en Londres, composta por Niall Horan, Liam Payne, Harry Styles e Louis Tomlinson; o antigo membro, Zayn Malik deixou o grupo en marzo de 2015. Asinaron co selo discográfico de Simon Cowell Syco Records despois de acabar terceiros na versión británica do programa The X Factor en 2010. Contan cun grande éxito internacional, e lanzaron cinco álbums ó mercado Up All Night (2011), Take Me Home (2012), Midnight Memories (2013), Four (2014) e Made in the A.M. (2015) cos cales bateron récords, estiveron na maioría das listas musicais, e deron sinxelos exitosos como "What Makes You Beautiful", "Live While We're Young", "Story of My Life" e "Steal My Girl". Dende xaneiro de 2016, a banda iniciou un hiato indefinido e cada un dos membros continuou unha carreira en solitario.

Discografía Up All Night (2011) Take Me Home (2012) Midnight Memories (2013) Four (2014) Made in the A.M. (2015)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Grupos musicais de pop rock Categoría:Grupos musicais de pop Categoría:Grupos musicais de Londres Categoría:Grupos musicais formados en 2010 Categoría:Artistas de Columbia Records