Mercadona é unha empresa española de distribución con sede no municipio de Tavernes Blanques e orixe en La Pobla de Farnals, as dúas na provincia de Valencia.
Os Supermercados Mercadona, cunha sala de vendas dunha superficie media de 1.300 m², responden a un modelo de comercio urbano de proximidade, e manteñen unha variedade en alimentación, drogaría, perfumaría e complementos, que se caracteriza, por potenciar a presenza das súas propias marcas brancas e reducir a oferta daquelas marcas externas que non manteñan un mínimo de rotación.
En xullo de 2014, a compañía estaba presente en 47 provincias de 16 comunidades autónomas cun total de 1.497 supermercados de barrio. En Galicia había 48 supermercados Mercadona repartidos polas catro provincias.
Marcas As súas marcas propias son: Hacendado - alimentación Deliplus - coidados e cosmética Compys - comida para animais Bosque Verde - drogaría Como Tú - perfumaría muller 9.60 - perfumaría home Solcare - protección solar Dermik - cosmética
Controversias Mercadona tense envolto en varias liortas pola súa organización interna: uso preferente de marcas propias en prexuízo de provedores de fora. Ten sido criticada por obrigar aos seus provedores a manter prezos fixados por Mercadona limitando a competencia e oferta. Diversas empresas que traballan para Mercadona están ligadas a directivos da marca. A súa política antisindical tamén ten sido criticada. Mercadona mantivo unha liorta nos tribunais durante anos co sindicato CNT e diversas folgas o cal tivo que retirarse.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web de Mercadona
Categoría:Empresas da Comunidade Valenciana Categoría:Empresas de distribución