dereita|miniatura|Escudo das provincias de Leyte e Samar, áreas onde é falada a lingua waray-waray.|260x260px A lingua waray-waray, visaya de Leyte ou samareño é unha lingua que pertence á familia lingüística austronesia, dentro da rama occidental malaio-polinesia e no grupo visayo, escrita en alfabeto latino (antigamente empregábase o alfabeto baybayin). É falada por arredor de tres millóns de persoas nas provincias de Samar, Samar do Norte, Samar Oriental, e en certos lugares de Leyte e Biliran, en Filipinas. Déuselle o código ISO 639-2 war, pero non ten un código de dúas letras ISO 639-1, para a representación mediante códigos dos nomes das linguas. Debido ao contacto coa lingua castelá conta con numerosas achegas léxicas deste idioma. O nome desta lingua ven da palabra "waray" a cal é frecuentemente escoitada polos non falantes e que significa "ningún", "nada" ou "non". A lingua waray-waray é falada polas persoas waray da illa de Samar, na maior parte de Leyte e nalgunhas zonas da illa de Biliran, mais con variacións dialécticas. Estas son faladas nalgunhas partes de Masbate, particularmente na illa de Ticao, que está próxima da illa de Samar. Entre estas variantes atópanse o Waray-Waray Sorsogon e o Masbate Sorsogon, clasificadas dentro da lingua waray-waray pero chamadas Bisakol porque se asemellan ás linguas Visaya e Bicolano.

Gramática Pronomes  AbsolutivoErgatividadeOblicuo1ª persoa do singularako, aknakon, nak, koakon, ak2ª persoa do singularikaw, kanimo, nin, moimo, im3ª persoa do singularhiyaniyaiya1ª persoa do plural inclusivokita, kit, kiritanatonaton, at1ª persoa do plural exclusivokaminamonamon2ª persoa do pluralkamo, kamniyoiyo3ª persoa do pluralhiraniraira

Os verbos copulativos waray O waray-waray, coma outras linguas filipinas, non ten un equivalente exacto para o verbo copulativo ser. En tagalo, por exemplo, a frase "Siya ay maganda" (Ela é fermosa) ten a palabra ay, que ao contrario da crenza popular, non funciona como un verbo copulativo atributivo predicindo maganda (fermosa), e para o seu suxeito Siya (el ou ela). A función do ay no tagalo é preferiblemente o de marcador de inversión da frase, o que é considerado como unha forma literaria, pouco común no tagalo falado. A mesma frase pode ser dita coma Maganda siya, co mesmo significado.

A lingua waray-waray en comparación ao tagalo pode expresar "Ela é fermosa" coma "Mahosay hiya" ou ben algunhas veces "Mahosay iton hiya" (iton funcionando coma un artigo definido de hiya, ela), pois o waray-waray non ten un verbo copulativo de tempo presente. Coma nas outras linguas filipinas, os atributos son usualmente representados cun predicado inicial e non teñen un verbo copulativo. Coma por exemplo na orde desta frase en galego.

"Este é un can" traducida ao waray:

Ayam ini.

O predicado Ayam (can) é colocado antes do suxeito ini (este); obsérvase que non está presente ningún verbo copulativo. Outro exemplo:

Amo ito an balay han Winaray o Binisaya nga Lineyte-Samarnon nga Wikipedia. Asya it an balay han Winaray o Binisaya nga Lineyte-Samarnon nga Wikipedia.

En galego: "Esta é a Wikipedia Waray/Leyte-Samar Visayan". O predicado Amo ini está mal traducido como "Este aquí" pero o resto da frase cambia de suxeito, marcada pola partícula an. A palabra amo non é apenas usada en Leyte Waray-Waray. En Samar, asya (este) emprégase coma artigo posesivo .

A pesar do debate en relación co verbo copulativo en waray-waray, hai estruturas gramaticais coma magin (ser), an magin/an magigin (será ou tornará), e an nagin (tornouse) do mesmo xeito que o galego fai uso dos verbos copulativos:

Makuri magin estudyante. ([É] difícil ser un estudante.) Ako it magigin presidente! (Eu podo ser o presidente!) Ako an nagin presidente. (Eu volvinme presidente.)

Existencial

WarayTalagoGalegomay-adameron/mayroonhai (singular)wara/waraywalaningún

Modal

Waray Talago Galegopuyde/sadangyomaaari/pwedepodediri puydenon podepahudmapahiram/hirampodo prestar?pakita-apatinginpodo ver?

Palabras interrogativas Waray de Leyte (Winaray nga pan Leyte)

Waray Talago Galego hin-o sino quen kay-ano bakit por que diin saan onde kanay kanino cuxo pa-o-nanho paano como san-o kailan cando nano ano o que

Waray de Samar (Winaray nga pan Samar)

WarayTalagoGalegohin-osinoquenkay-nanobakitpor quediinsaanondekankanaykaninocuxoguin-aano/na-anopaanocomosan-okailanquennanoanoo que

Diverxencias de ortografía Canto á Sanghiran San Binisaya ha Samar ug Leyte (Academia da Lingua Visaya de Samar e Leyte), formulou e recomendou o emprego dunhas determinadas normas ortográficas, pero finalmente nunca chegaron a ser amplamente difundidas e por tanto non hai unha ortografía oficial xeralmente aceptada. En efecto, hai dúas formas de escribir a mesma palabra (polo xeral limitadas só a diferenzas nas vogais), tales coma: diri ou dire ("non") hira ou hier ("a eles") maupay ou mabaysay ("bo") guinhatag ou ginhatag ("deu") direcho ou diritso ("dereito [adiante]") ciudad ou syudad ("cidade") espejo ou espeho ("espello")

Uso O waray-waray é unha das dez linguas rexionais recoñecidas oficialmente en Filipinas, usada no goberno local e regulada pola Comisión da Lingua Filipina (en waray: Komisyon ha Yinaknan nga Filipino). É falada especialmente na rexión das Visayas Orientais, coma tamén nalgunhas partes de Mindanao, Masbate, Sorsogon e Manila, lugares onde teñen emigrado os waraies. Hai un número pequeno de filipinos fora do país, especialmente nos Estados Unidos, que falan esta lingua. O waray-waray é bastante usado na radio e na televisión. Un bo exemplo é a versión rexional do programa de noticias filipino TV Patrol para Visayas Orientais, da TV Patrol Tacloban, que transmite en waray-waray. Hai tamén unha canle rexional que emite os seus programas en waray-waray, o An Aton Channel operado polo DYVL. Con todo, é raro ver medios impresos nesta lingua xa que moitos dos xornais rexionais publícanse en lingua inglesa. O waray-waray tamén é usado nas celebracións da eucaristía ou en misas da Igrexa Católica na rexión. Tamén hai á venda Biblias publicadas nesta lingua.

Hoxe en día moitos falantes defenden o emprego do waray-waray.

Sons A lingua waray ten dezaseis consoantes: . E tres vogais principais: a , i , e u . e .

Os Números Só se empregan os números do un ó dez en waray-waray. De once en diante, a pesar de existiren na lingua nativa, empréganse actualmente só os números en castelán.

Galego Waray-Waray nativo Préstamo do Español Un Usa Uno Dous Duha Dos Tres Tuló Tres Catro Upat Cuatro Cinco Limá Cinco Seis Unom Saiz Sete Pitó Siete Oito Waló Ocho Nove Siyám Nueve Dez Napúlô Diez Once (Napúlô kag usá) Onse Doce (Napúlô kag duhá) Duce Trece (Napúlô kag tulo) Trece Catorce (Napúlô kag upat) Katorse Quince (Napúlô kag lima) Kinse Dezaseis (Napúlô kag unom) Diez y Saiz Dezasete (Napúlô kag pito) Diez y Siete Dezoito (Napúlô kag walo) Diez y Ocho Dezenove (Napúlô kag siyam) Diez y Nueve Vinte (Karuhaan) Biente Trinta (Katloan) Trenta Corenta (Kap-atan) Kwuarenta Cincuenta (Kalim-an) Singkwenta Sesenta (Kaunman) Siesenta Setenta (Kapitoan) Setenta Oitenta (Kawaloan) Ochienta Noventa (Kasiaman) Nobenta Cen Usa ka Gatus Cien Mil Usa ka Yukut Mil Millón Usa ka Ribo Milyon

Algunhas palabras e frases comúns Abaixo algúns exemplos en lingua waray falada no centro de Tacloban e nas súas áreas máis próximas: Bo día (medio día/tarde/noite): Maupay nga aga (udto/kulop/gab-i) Bo día: Maupay nga adlaw Vostede pode entender Waray?: Nakakaintindi/Nasabut ka/Nakaichindi ka hin Winaray? (hin ou hito) Grazas: Salamat Eu ámote: Hinihigugma ko ikaw ou Ginhihigugma ko ikaw ou Pina-ura ta ikaw Non me importa: Baga saho ou Waray ko labot ou baga labot ko De onde é vostede?: Taga diin ka? ou Taga nga-in ka? ou Taga ha-in ka? Canto é isto? : Tag pira ini? Eu non che entendo o que dis: Diri ako nakakaintindi/Nakaichindi ou Di ak Naabat Eu non sei: Diri ako maaram ou Ambot O que: Ano Quen: Hin-o Onde: Hain Cando (futuro): San-o Cando (pretérito): Kakan-o Por que: Kay-ano Como: Gin-aano? Si: Oo Non: Dire ou Diri Alí: Adto ou Didto ou Ngad-to Aquí: Didi ou Nganhi Fronte ou en fronte: Atubang ou Atubangan Noite: Gab-i Día: Adlaw Nada: Waray Bo: Maupay Meniño: Lalaki Meniña: Babayi Gay/home homosexual: Bayot Lesbiana: Tomboi / Lesbyana Quen é vostede?: Hin-o ka? Eu son un amigo: Sangkay ak. Eu estou perdido aquí: Nawawara ak didi. Talvez: Kunta ou Bangin Como está vostede: Kumusta ou Kumusta kaOutras palabras comúns Fermoso: MahusayFeo: Mapurot / MaraksutMesa: LamesaColler: KutsaraGarfo: TinidorAbrir, aberto: Abre / AbridoAbridor (de latas): Abridor / KankiriTermos técnicos Aceiro: Puthaw Coche: Awto / Sarakyan / Kotchi Avión: Edro / Eroplano Aeroporto: Paluparan / ErportTermos astronómicos Terra: Kalibutan Lúa: Bulan. Indonesio: Bulan Sol: Sudang Estrela: Bituon. Indonesio: BintangTermos naturais Vento: Hangin. Indonesio: Angin Fogo: Kalayo Terra: Tuna. Indonesio: Tanah Auga: Tubig Natureza: Libong Montaña: Bukid. Indonesio: Bukit Fervenza: Bbangon Mar: Dagat Mar aberto: Llawud Océano: Kalawdan. Indonesio: Laut i.e. ka-laut-an Illa: Puro / Isla. Indonesio: Pulau Arquipélago: Kapuruan. Indonesio: Kepulauan Río: Salug / Tubig Lago: Danaw. Indonesio: DanauRecunchos da casa Casa: Balay Salón: Kwarto / Sulod Cuarto: Sulod-katurugan Cociña: Kusina Cociña ao aire libre: Abuhan Comedor: Kaunan Ducha: Kubeta / Kasilyas / Karigu-an Sala de estar: SalaMembros da familia Pais: Tigurang / Kag-anak Pai: Amay / Tatay / Papa Nai: Iroy / Nanay / Mama Fillo / Filla: Anak Irmán: Bugto nga lalaki Irmá: Bugto nga babayi Avós: Apoy / Lolo (home) / Lola (muller) Primo: Patod Sobriño / Sobriña: Umangkon Xenro / Nora: Umagad Cuñado / Cuñada: Bayaw (home) / Hipag (muller) Sogro / Sogra: UganganPalabras de moda Pantalóns texanos: Saruwal Roupa: Bado / Duros Cinto: PahaComida Pan: Tinapay Arroz: Kan-on / Luto Costeleta: Sura Café: Kape Vinagre: Suoy Salsa: ToyoAnimais Can: Ayam / Inu / Ido Gato: Uding / Misai Rato: Yatut Crocodilo: Buaya Paxaro: Tamsi Cobra: Halas Búfalo : Karabaw Caranguexo: Masag Langosta: Tapusok Cabra: Kanding Cabalo: Kabayo Porco: Baboy Préstamos no waray-waray Palabras comúns en waray-waray, a súa orixe estranxeira e significado en galego Español Abandonada (español: Abandonado/a): abandonado Abaniko (español: Abanico): abano Abriha (español: Abrir, Filipino: Abrihin): abrir Abrelata (español: Abrelatas): abridor de latas Abril (español: Abril): abril Abogado (español: Abogado): avogado Aborido (español: Aburrido): aburrido (usado en tagalo como 'ansioso, confuso') Akasya (español: Acacia): acacia Aksidente (español: Accidente): accidente Adurnuha (español: Adornar, Filipino: Adurnuhan): decorar Agrabiyado (español: Agraviado): agraviado Aginaldo (español: Aguinaldo): regalo de Nadal Agosto (español: Agosto): agosto Ahensiya (español Agencia): axencia Ahente (español: Agente): axente Alahas (español: Alhaja): alfaia, xoia Alambre (español Alambre): arame, fío Alkansiya (español: Alcancía): cofre Alpilir (español: Alfiler): alfinete Alsaha (español: Alzar, Filipino: Alsahin) alzar Ambisyoso (español: Ambicioso): ambicioso Ambisyon (español: Ambición): ambición Arbularyo (español: Herbolario): herboristería Arina (español: Harina): fariña Arkitekto (español: Arquitecto): arquitecto Armado (español: Armado): armado Arnibal (español: Almíbar): almibre, xarope Artista (español: Artista): artista (usado coma 'actor/actriz') Ariyos (español: Arreos): atavío Asintado (español: Asentado): asentado Asero (español: Acero): aceiro Asno (español: Asno): asno Asoge (español: Azogue): azougue, mercurio Asosasyon (español: Asociación): asociación Asukar (español: Azúcar): azucre Asul (español: Azul): azul Asyatiko (español: Asiático): asiático Intyendeha (español: Atender): atender Atrasado (español: Atrasado): marca mal a hora do reloxo , para atrás (usado coma 'máis tarde') Ayuda (español: Ayudar, Filipino: Ayudahan): axudar Banyo/Kasilyas (español: Baño): bañeira