O Meiriñado de Tudela (en castelán: Merindad de Tudela, en éuscaro: Tuterako merindadea) é un dos cinco meiriñados en que historicamente se dividiu a Comunidade Foral de Navarra (España) e que ten por capital a cidade de Tudela. O seu termo coincide co partido xudicial homónimo. O meiriñado engloba 24 municipios e 2 facerías tendo unha superficie total de 1526,7 km². A súa poboación en 2013 foi de 97.457 habitantes (INE).
Concellos Ablitas Arguedas Barillas Buñuel Cabanillas Carcastillo Cascante Castejón Cintruénigo Corella Cortes Fitero Fontellas Fustiñana Mélida Monteagudo Murchante Ribaforada Tudela Tulebras Valtierra Villafranca
Véxase tamén
Tudela