Robert Rossen, nado en Nova York o 16 de marzo de 1908 e finado na mesma cidade o 18 de febreiro de 1966 foi un director e guionista estadounidense.
Traxectoria Comezou a súa carreira como director no teatro, en producións do Off Broadway. Coa comedia The Body Beautiful impresionou tanto a Mervyn LeRoy que o contratou como guionista persoal en 1936. Entre 1937 e 1947 foi membro do Partido Comunista Americano o que o obrigou a abandonar algún proxectos en Hollywood.
Debutou como director en 1947 con Johnny O'Clock apoiado polo protagonista, Dick Powell. Dous anos despois, o seu filme All the King's Men gañou o Óscar ao mellor filme. No filme Rossen explica como os defensores da xente corrente poden converterse en novos explotadores. Unha xuntanza do Partido Comunista nos Ánxeles criticou o filme e levou a Rossen a romper totalmente as súas relación co partido. En 1950 dirixiu The Brave Bulls, estreado o ano seguinte, que foi o último filme que dirixiu antes de que o puxesen na lista negra, tras ser considerado unha das dezanove “testemuñas non amigables” na súa declaración perante o House Un-American Activities Committee en outubro de 1947.
Finalmente volveu recuperar o éxito en 1961 con O buscavidas. Cando comezou a rodaxe de Lilith estaba enfermo e tras acabar xa perderá interese en volver a dirixir. Faleceu en 1966.
Filmografía Ano Filme 1947 Johnny O'Clock 1947 Corpo e alma 1949 All the King's Men 1951 The Brave Bulls 1954 Mambo 1956 Alexander the Great 1957 Island in the Sun 1959 Chegaron a Cordura 1961 O buscavidas 1964 Lilith
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas
Robert Rossen en Internet Broadway Database
Categoría:Directores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Guionistas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Nova York Categoría:Nados en 1908 Categoría:Finados en 1966 Categoría:Lista negra de Hollywood