San Xiao de Barbos é unha parroquia do concello coruñés de Ortigueira, na comarca de Ortegal. Segundo o padrón municipal de 2009 tiña 108 habitantes (62 mulleres e 46 homes) distribuídos en 27 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 124 habitantes.
Etimoloxía
Este topónimo ten a súa orixe nun xentilicio prerromano. Está atestado como Sancti Juliani de Baruaos no 1137, e máis tardiamente como Barboos, o cal apoiaría a hipótese de E. Bascuas de derivar dunha protoforma *Bharwanos, a partir do radical *barw-, derivado da raíz indoeuropea *bher- 'ferver, manancial'. Este xentilicio faría referencia a habitantes oriundos dun lugar chamado Barba ou similar.
Xeografía Barbos está situada ao sur da enseada de Ladrido nas abas dos montes de Pereira e Seoane. Os límites son polo norte as brañas da enseada de Ladrido, polo sur a parroquia de San Salvador de Couzadoiro, polo oeste a parroquia de Luía e polo leste a parroquia do Mosteiro. A estrada AC-682 atravesa a parroquia pola beiramar, o mesmo que fai o camiño de ferro de FEVE Ferrol-Oviedo, mais non ten apeadoiro.
Patrimonio A igrexa parroquial que se atopa no lugar da Rúa está construída en planta de cruz latina e ten campanario na fronte e un cemiterio acaroado.
Galería de imaxes centro|555px|miniatura|A ría de Ortigueira dende Barbos.
Lugares e parroquias Lugares de Barbos
Parroquias de Ortigueira
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Ortigueira
Categoría:Parroquias de Ortigueira Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Xiao