Dvojka (en galego, "o dous") é a segunda canle da televisión pública de Eslovaquia que pertence ao ente público RTVS. Na actualidade o ente público forma parte do conglomerado de radiotelevisión eslovaca chamado 3. multiplex.
Historia A canle Dvojka é nada pola transformación da segunda canle da televisión de Checoslovaquia, chamada esa canle nese momento como STV2 no ano 1993.
Os comezos de emisión de STV2 datan do ano 1970 e de novo un segundo intento no ano 1973, ata emitirse interrompidamente ata o ano 1993 coa formación da nova canle do ente público. thumb|Oficinas centrais da canle en Bratislava|330x330px
Emisión
Esta canle de televisión pódese ver na TDT, nunha plataforma de pago no satélite Thor (satélite) e tamén nas respectivas plataformas de cable eslovacas.
Canles irmás O ente público de televisión eslovaca RTVS só ten un único canal máis na actualidade, chamado Jednotka (en galego "o un", antigamente era coñecido co nome de ''STV1'').
Ata o ano 2011 había outra canle chamada Trojka (en galego "a tres") que foi pechado por razóns económicas de contención de gastos da corporación de radiotelevisión eslovaca.
Programas e series Anjeli strážni Colnica Família Filmorama Správy a komentáre Regionálny denník Národnostný magazín Maďarský magazín Správy - Hírek Test magazín Večer pod lampou Umenie 13 Digitál Reportéri juniori VAT - veda a technika Živá panoráma Zasadnutie NR SR Odpískané Športové ozveny Separé Elixír 5 minút po dvanástej Tempo Dvojka tamén ten nas súas emisións documentais.
Véxase tamén
Ligazóns externas www.stv.sk/jednotka www.stv.sk/dvojka
Categoría:Cadeas de televisión de Eslovaquia