José Luis Azcueta Uriarte, nado en Galdakao (Biscaia) o 13 de outubro de 1936 e finado en Pontevedra o 22 de xullo de 2014, foi un futbolista español. Xogaba de defensa. Formou parte do equipo do Pontevedra que debutou en Primeira División.

Traxectoria Na tempada 1959–60 debutou co Indauxtu en Segunda División. Case ao remate da campaña, firmou polo Real Betis, debutando así en Primeira División o 3 de abril de 1960, nunha vitoria a domicilio fronte ao Real Valladolid (0–1). Permaneceu no club andaluz até o remate da tempada 1961–62.

Na campaña 1962–63 firmou polo Real Oviedo, onde participou en 12 partidos.

Na tempada 1963–64 fichou polo Pontevedra, formando parte do once habitual que debutou en Primeira División. O seu debut produciuse na primeira xornada, nun empate fronte ao Real Zaragoza en Pasarón (1–1). Pese a que nesa campaña o equipo granate descendeu a Segunda División, permaneceu no club catro tempadas máis.

Faleceu o 22 de xullo de 2014, aos 77 anos, logo dunha doenza.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com

Categoría:Nados en 1936 Categoría:Finados en 2014 Categoría:Nados en Galdakao Categoría:Futbolistas do País Vasco Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Real Betis Balompié Categoría:Xogadores do Real Oviedo Categoría:Xogadores do Pontevedra CF