Pro TV é unha canle xeneralista de televisión privada de Romanía. Ten a súa sede en Bucarest. É a principal cadea privada de Romanía e compite por ser líder en audiencia coa canle pública romanesa TVR1 (canle da Televiziunea Română) e Antena 1. Pro TV esta dirixida polo grupo de televisións de Europa Oriental CME Enterprises.

Historia Coa caída da ditadura de Nicolae Ceaușescu, produciuse a liberalización da televisión romanesa. Así, en 1994 comezaron as emisións das cadeas privadas en Romanía, coa canle Antena 1. Un ano máis tarde, comezou a emitir Pro TV o 1 de decembro de 1995

No ano 1999 comezouse a emitir a versión moldova, a ProTV Chișinău.

Características Canles irmás Pro TV HD PRO TV Internațional PRO TV Chișinău Acasă Acasă HD Acasă Gold Acasă Moldova PRO Cinema PRO Arena PRO Arena HD

Programación Algúns dos programas de Pro TV son: Romanii au talent Dansez pentru tine Happy Hour Frumusete pe muchie de cutit Anticamera Arestat la domiciliu Cu un pas inainte (versión romanesa de Un paso adelante)

Notas

Véxase tamén Outros artigos Idioma romanés Ligazóns externas Web oficial de Pro TV Romanía Web oficial de Pro TV Moldova

Categoría:Televisión en Romanía Categoría:Cadeas de televisión da Unión Europea