Eduardo Villot Canal, nado en Ourense cara a 1908 e finado no Alto do Furriolo o 18 de agosto de 1936, foi un mestre e político galego. miniatura|dereita|Lois Antón Pérez depositando flores no monumento aos represariados no Alto do Furriolo.

Traxectoria

Fillo de Modesto Villot Varela. Mestre en Ourense, foi profesor do Colexio Sueiro. Afiliado ao Partido Comunista e dirixente das Xuventudes Comunistas, foi colaborador de El Soviet e Espartaco. Foi elixido vogal da Juventud Republicana de Ourense, presidida por Alfonso Pazos, que se constituíu en febreiro de 1931.La Región, 18-2-1931, p. 1. Foi xulgado pola colocación dun pasquín subversivo no que atacaba ao réxime en novembro de 1932.El Tea, 3-11-1932, p. 3. Tomou parte no mitin comunista celebrado no Teatro Losada de Ourense en decembro de 1932 con Benigno Álvarez, Jesús Carrete e José Silva.El Pueblo Gallego, 20-12-1932, p. 13. Detido con Manuel Gómez del Valle, acusados de rebelión; xulgados na Audiencia de Ourense, foron foron absoltos en marzo de 1933.El Pueblo Gallego, 1-4-1933, p. 10. Foi secretario de axitación e propaganda do Comité Local de lucha contra la Guerra en abril de 1933.La Zarpa, 21-4-1933, p. 1. Participou no mitin celebrado polo Comité de cursillistas na Casa do Pobo o 31 de maio de 1936.El Pueblo Gallego, 31-5-1936, p. 9.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e ingresou na prisión de Ourense o 26 de xullo.Libro rexistro de filiacións de reclusos de novo ingreso dos anos 1936 a 1937 Foi destituído como mestre a principios de agosto.El Pueblo Gallego, 4-8-1936, p. 7. Foi asasinado no Alto do Furriolo, na estrada entre Celanova e Xinzo de Limia, o 18 de agosto de 1936.

Notas

Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Xornalistas de Ourense Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Finados en 1936 Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1908