1911 (MCMXI) foi un ano común comezado en domingo segundo o calendario gregoriano.
Un evento destacábel foi a carreira polo Polo sur da expedición Amundsen e a expedición Terra Nova.
Acontecementos 21 de agosto - Portugal dótase da 1ª Constitución republicana da súa historia. Comézanse a disputar as "500 Millas de Indianápolis", circuíto automobilístico. 6 de novembro - Francisco I. Madero asume a presidencia de México. 14 de decembro - Roald Amundsen e o seu equipo son as primeiras persoas en chegar ó Polo Sur.
Nacementos 3 de xaneiro - John Sturges, director estadounidense . 16 de xaneiro - Eduardo Frei Montalva, presidente de Chile (m. 1982). 17 de xaneiro - Nieves Fariza Alonso, mestra e sindicalista galega (m. 1975). 18 de xaneiro - José María Arguedas, novelista, articulista e ensaísta político peruano (m. 1969). 22 de xaneiro - Bruno Kreisky, chanceler de Austria (m. 1990). 6 de febreiro - Ronald Reagan, presidente dos Estados Unidos (m. 2004). 12 de febreiro - Cearbhall Ó Dálaigh, presidente da República de Irlanda (m. 1978). 12 de marzo - Gustavo Díaz Ordaz, presidente do México (m. 1979). 20 de marzo - Alfonso García Robles, diplomático e político mexicano, Premio Nobel da Paz (m. 1991). 24 de marzo - Álvaro Paradela Criado, médico e escritor galego (m. 1979). 26 de marzo - Tennessee Williams, (n. Thomas Lanier), autor de teatro americano (m.1983). 26 de marzo - Bernard Katz, biofísico alemán, Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina (m.2003). 28 de marzo - John L. Austin, filósofo británico. 6 de abril - Feodor Lynen, bioquímico alemán, Premio Nobel (m. 1979). 7 de abril - Hervé Bazin, actor francés (m. 1996). 8 de abril - Melvin Calvin, químico estadounidense, Premio Nobel (m. 1997). 27 de maio - Vincent Price, actor estadounidense (m. 1993). 3 de xuño - Paulette Goddard, actriz americana (m. 1990). 6 de xuño - Verna Aardema, escritora norteamericana de literatura infantil. (m.2000) 8 de xuño - Edmundo Rivero, cantor arxentino de tango (m. 1986). 10 de xuño - José Pardo Babarro, médico e político galego (m. 1938). 13 de xuño - Luis Walter Álvarez, físico estadounidense, Premio Nobel (m. 1988). 23 de xuño - Andrés Colombo, pintor galego. 24 de xuño - Ernesto Sabato, escritor arxentino. 24 de xuño - Juan Manuel Fangio piloto arxentino de Fórmula 1 (m. 1995). 25 de xuño - William Howard Stein, químico estadounidense, Premio Nobel (m. 1980). 30 de xuño - Czesław Miłosz, escritor polonés, Premio Nobel (m. 2004). 5 de xullo Georges Pompidou, presidente de Francia (m. 1974). 16 de xullo - Ginger Rogers, actriz americana (m. 1995). 21 de xullo - Marshall McLuhan, teórico da comunicación canadense. 6 de agosto - Lucille Ball, actriz estadounidense (m. 1989). 7 de agosto - Nicholas Ray, director de cine estadounidense. 9 de agosto - William Alfred Fowler, físico estadounidense, Premio Nobel (m. 1995). 12 de agosto - Mario Moreno Cantinflas actor cómico mexicano de cinema e de teatro (m. 1993). 20 de agosto - Manuel Ponte Pedreira, guerrilleiro antifranquista galego (m. 1947). 9 de setembro - Manuel Sanchis i Guarner, escritor valenciano (m. 1994). 9 de setembro - John Gorton, primeiro ministro da Australia (m. 2002). 19 de setembro - William Golding, escritor estadounidense, Premio Nobel (m. 1993). 13 de outubro - André Navarra, violoncellista e profesor de violoncello francés (m. 1988). 14 de outubro - Le Duc Tho, político e xeneral de Vietnam, Premio Nobel da Paz (m. 1990). 26 de outubro - Mahalia Jackson, cantante americana (m. 1972). 2 de novembro - Odysseas Elytis, escritor grego, Premio Nobel (m. 1996). 15 de novembro - Maximino Romero de Lema, bispo galego (m. 1996). 3 de decembro - Nino Rota, compositor italiano (m. 1979). 7 de decembro - Manuel Pesqueira, pintor galego (m. 1988). 11 de decembro - Naxib Mahfud, escritor exipcio, Premio Nobel de Literatura (m. 2004). 19 de decembro - Ernesto Guerra da Cal, filólogo e escritor galego (m. 1994). 23 de decembro - Niels Kaj Jerne, médico e científico dinamarqués, Premio Nobel (m. 1994). 22 de decembro - Álvaro Cunqueiro, escritor galego (m. 1981). 25 de decembro - Louise Bourgeois, artista francesa.
Mortes 17 de xaneiro - Francis Galton, antropólogo, xeógrafo e inventor inglés (n. 1822). 8 de febreiro - Joaquín Costa, político español. 8 de febreiro - Juan Harguindey Broussain, empresario galego (n. 1839). 1 de marzo - Jacobus Henricus van 't Hoff, químico holandés, Premio Nobel (n. 1852). 8 de abril - Manuel Aguirre de Tejada, avogado e político galego (n. 1827). 25 de abril - Emilio Salgari, escritor italiano (n. 1862). 18 de maio - Gustav Mahler, compositor e director de orquestra austríaco (n. 1860). 12 de xuño - Emilio Álvarez Giménez, escritor e político galego (n. 1830). 16 de xuño - Ramón Bernárdez González, sacerdote e escritor galego (n. 1838). 1 de outubro - Wilhelm Dilthey, filósofo alemán (n. 1833). 21 de novembro - Eduardo Moreno López, xeógrafo e político español (n. 1870). 3 de decembro - Juan Jacobo Durán Loriga, matemático galego. 4 de decembro - Gumersindo Buján Buján, xuíz e escritor galego. 14 de decembro - Alfredo García Dóriga, xornalista e escritor galego (n. 1849). 20 de decembro - Joan Maragall, poeta catalán.
Premios Nobel Física: Wilhelm Wien Química: Marie Curie Fisioloxía ou Medicina: Allvar Gullstrand Literatura: Maurice Maeterlinck Paz: Tobias Asser e Alfred Fried
Véxase tamén Outros artigos Historia ano a ano
Categoría:1911