Manuel Xosé Neira López, nado en Meilán (Lugo) o 29 de xaneiro de 1964, é un escritor galego.

Traxectoria Estudou Filoloxía Galego-Portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela. Colaborou en revistas e xornais como Dorna, Grial, Coordenadas, Clave Orión, Táboa Redonda de El Progreso, La Voz de Galicia ou Faro das Letras en Faro de Vigo.

En 2010 colaboraba en Guía dos libros novos de Noroeste Edicións e no Boletín Galego de Literatura.

Obra Poesía O mar perdido (1990, Galaxia). Abandono da noite (1993, Sociedade de Cultura Valle-Inclán). Templo (2001, Galaxia).

Obras colectivas Homenaxe a Miguel González Garcés (1991, Deputación da Coruña). Para saír do século. Nova proposta poética (1997, Xerais). Poemas e contos da muralla (2001, A Nosa Terra). Ofrenda a Palestina.

Premios Premio Rozas de Xornalismo no 1987. Premio Xosé María Chao Ledo no 1991. Gañador do XII Premio Esquío de poesía no 1992, por Abandono da noite.

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Ficha do autor en Galegos. Ficha do autor en Galaxia.

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Nados en Lugo Categoría:Premio Esquío Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Nados en 1964