Musa al-HaxRomanización do nome árabe segundo o traballo Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica de Víctor Fresco Barbeito (2007).Tamén Moussa El-Hage, segundo a romanización francesa do seu nome. (en ), nado o 19 de febreiro de 1954 en Aintura (Líbano), é un eclesiástico católico maronita, actualmente arcebispo de Haifa e Terra Santa e exarca patriarcal de Xerusalén e Palestina e de Xordania.
Traxectoria Primeiros anos Al-Hax uniuse á orde relixiosa dos antonianos maronitas en 1972, facendo os votos perpetuos en 1979 e recibindo o 14 de agosto de 1980 a orde sacerdotal.
Estudou Filosofía e Teoloxía na Pontificia Universidade de San Tomé de Aquino e Teoloxía Bíblica no Studium Biblicum Franciscanum (parte da Pontificia Universidade Antoniana), e doutorouse en Estudos Orientais e Liturxia polo Pontificio Instituto Oriental. Ademais do árabe, fala inglés, francés e italiano; e coñece as linguas siríaca, grega, hebrea e aramea.
Logo de ser ordenado sacerdote, recibiu varios encargos pastorais na misión de Marxaiun do sur do Líbano (até 1985), e foi reitor do seminario de Santo Antonio de Padua de Karmsadi. Posteriormente desempeñou varios cargos na súa orde, así como na Universidade Antoniana. De volta ao Líbano, foi abade dos conventos de San Serxio e San Baco en Ihdin e Sarurta.
Episcopado O 16 de xuño de 2012 o papa Bieito XVI confirmou o seu nomeamento como exarca patriarcal de Xerusalén e Palestina e Xordania, así como arcebispo de Haifa e Terra Santa. Foi consagrado bispo o 28 de xullo do mesmo ano, co patriarca de Antioquía Bixara Pedro al-Rai como principal consagrante.
O 27 de xaneiro de 2014 o papa Francisco nomeouno administrador apostólico da arquieparquía de Acre dos Greco-Melquitas logo da renuncia do seu titular Ilias Xaqur.
É membro das Comisións Bíblica (dende 1993) e Litúrxica (dende 2011) do Patriarcado Maronita.
Notas
Categoría:Bispos católicos do Líbano Categoría:Bispos católicos de Israel Categoría:Bispos católicos de Palestina Categoría:Bispos católicos de Xordania Categoría:Nados na gobernación do Monte Líbano Categoría:Nados en 1954 Categoría:Relixiosos católicos do Líbano Categoría:Alumnos da Pontificia Universidade de San Tomé de Aquino Categoría:Alumnos do Pontificio Instituto Oriental Categoría:Alumnos do Studium Biblicum Franciscanum Categoría:Bispos da Igrexa católica maronita Categoría:Antonianos maronitas Categoría:Bispos católicos do século XXI