Atopia (do grego, ἀτοπία - fóra de lugar, sen lugar, infrecuente, extraordinario), tamén coñecida coma atopía ou síndrome atópica, é o termo co que se define a predisposición a desenvolver certas alerxias mediadas por reaccións de hipersensibilidade. Malia existir un compoñente xenético ou hereditario, cómpre que se estableza previamente un contacto co axente alerxénico causante de dita hipersensibilidade.

O concepto de atopia foi descrito por vez primeira por Coca e Cooke en 1923 para describir unha tendencia familiar para producir anticorpos da classe IgE contra alérxenos ambientais, xeralmente proteínas.Coca, A. F., & Cooke, R. A. (1923). On the classification of the phenomenon of hypersensitivities. J Immunol 8(163-82). O termo atopia non é sinónimo de "alerxia", pois describe exclusivamente unha "predisposición". As doenzas atópicas máis representativas son a asma, a rinite alérxica (ou rino-conxuntivite), e a dermatite atópica.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Inmunoglobulina E Dermatite atópica Asma Rinite alérxica Ligazóns externas Case Studies in Environmental Medicine (CSEM): Environmental Triggers of Asthma – Agency for Toxic Substances and Disease Registry, Departamento de Saúde e Servizos Humanos dos Estados Unidos .