O exarcado apostólico de Costantinopla (en latín: Exarchatus Apostolicus Constantinopolitanus) é unha diocese da Igrexa Católica Bizantina Grega inmediatamente suxeita á Santa Sé. A sé está vacante dende 1957, e en 2010 tiña só 25 bautizados.

Territorio O exarcado apostólico estende a súa xurisdición sobre todos os fieis católicos bizantinos (agás os melquitas) residentes en Turquía. Existe unha única parroquia.

Historia O exarcado apostólico foi erixido o 11 de xuño de 1911. A sé está vacante dende 1957, e o último sacerdote de rito bizantino grego en Turquía finou en 1997.

O exarcado está administrado polos vigairos apostólicos de rito latino de Istanbul.

Episcopoloxio Georgios Chalavazis (13 de xullo de 1920 - 11 de xuño de 1932, nomeado exarca de Grecia) Dionisio Leonida Varouhas (11 de xuño de 1932 - 28 de xaneiro de 1957, finado) Administrador apostólico Dominikos Kalogeras (1955 - 1976)Administrador apostólico Massimiliano Palinuro (dende o 14 de setembro de 2021)''

Véxase tamén Perfil en Catholic-Hierarchy.org

Categoría:Divisións territoriais católicas en Turquía Categoría:Divisións territoriais da Igrexa católica grega Categoría:Exarcados