A diocese de Chalan Kanoa (en latín: Dioecesis Vialembensis) é unha sé da Igrexa Católica Latina sufragénea da arquidiocese de Agaña. En 2006 contaba con 43.000 fieis, sobre unha poboación de 71.850 habitantes. Actualmente a sé está vacante.
Territorio A diocese abrangue o arquipélago das Illas Marianas Setentrionais, país do océano Pacífico en libre asociación cos Estados Unidos de América. Consiste en 14 illas, que se atopan entre Hawai e Filipinas.
A sé episcopal é a cidade de Chalan Kanoa, na illa de Saipan, onde está a catedral de Nosa Señora do Monte Carmelo.
O territorio esténdese por unha superficie de 102 km², e está subdividido en 12 parroquias.
Historia A primeira circunscrición católica autónoma no territorio da presente diocese foi a prefectura apostólica das Illas Marianas, erixida o 17 de setembro de 1902, en territorios da arquidiocese de Cebú.
O 1 de marzo de 1911 co breve Quae Catholico nomini de Pío X a prefectura apostólica foi unida á prefectura apostólica das Illas Carolinas, que asumiu o nome de prefectura apostólica das Illas Carolinas e Marianas (hoxe diocese das Illas Carolinas). O 4 de xullo de 1946 o territorio das illas pasou a ser parte da vigairía apostólica de Guam.
A diocese foi finalmente erixida o 8 de novembro de 1984 coa bula Properamus do papa Xoán Paulo II, en territorios da diocese de Guam.
Episcopoloxio Tomas Aguon Camacho (8 de novembro de 1984 - 6 de abril de 2010, retirado) Administrador apostólico: Ryan Pagente Jimenez (28 de novembro de 2010 - 24 de xuño de 2016) Ryan Pagente Jimenez (dende 24 de xuño de 2016)
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial Perfil en Catholic-Hierarchy.org Perfil en GCatholic.org
Categoría:Dioceses da Igrexa católica latina Categoría:Divisións territoriais católicas nos Estados Unidos de América