miniatura|Cepa de Branco Lexítimo en Paderne. Branco lexítimo é unha variedade de uva branca autóctona de Galiza, considerada como a variedade máis antiga das existentes no país. A recolleita está principalmente na zona de Betanzos e Paderne.
Historia miniatura|Acio de Branco Lexítimo nunha mostra da Deputación de Ourense en Boimorto. Durante séculos produciuse viño con branco lexítimo ata a desaparición das viñas por diversas pragas dende o século XIX ata finais do século XX. Os viños producidos con esta variedade de uva non tiñan saída comercial nin eran coñecidos xa que non aparecía nas etiquetas o tipo de uva. A variedade non existía no "Rexistro de variedades comerciais da oficina española de variedades vexetais" do Ministerio de Medio Rural. O 24 de marzo de 2011 foi publicada no BOE a orde que recolle a inscrición xunto co agudelo e a tinta castañal. Este recoñecemento foi traballo da Misión Biolóxica de Galicia do CSIC co apoio da Fundación Juana de Vega e a Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia.
Produtores en Galiza En Galiza hai rexistrados nove produtores de branco lexítimo. Seis son da zona de Betanzos, tres do Barbanza (onde se coñece coma raposo) e un de Negueira de Muñiz (onde é coñecida coma branco país). A primeira fin de semana de xullo celébrase dende 2014 a "Mostra do Branco Lexítimo" no concello de Paderne.
Terra de Betanzos
Casa Beade Lorenzo Bescansa María Luísa Fraga María Moar Adegas Rilo Viña Ártabra
Barbanza Adegas Calidade Adegas Entreosrios Cazapitas
Negueira de Muñiz Adegas Panchín miniatura|Festa do viño Branco Lexítimo en Paderne, en 2015.|centro Notas
Véxase tamén Outros artigos viño romano
Ligazóns externas Variedades de vid de interés comercial para la zona vitícola de Betanzos. Fundación Juana de Vega. (192 páxinas) Referíndose a branco lexítimo e agudelo.
Categoría:Variedades viníferas de Galicia Categoría:Betanzos