Bëlop é unha banda de música indie pop galega formada en Redondela. Comezou a súa andaina no ano 2007, cando publicaron o seu primeiro EP titulado Sometimes people need something like this. En 2012, a súa canción Catching Her Breath foi empregada pola marca Mango para unha das súas campañas publicitarias.
O seu disco de debut foi lanzado ao mercado en outubro de 2013, e foi titulado 2.5.12.15.16, polo lugar que ocupan as letras B-E-L-O-P no abecedario.
En 2016 a banda lanzou o seu segundo álbum, Blondes, a través do selo Sony Music, e leva inactiva dende finais dese ano.
A banda redondelá participou en numerosos festivais coma o Festival Internacional de Benicassim, Arenal Sound, Low Cost, Moneky Week, Festival Independente de Vilalba, Port América ou Ebrovisión.
Discografía LP 2.5.12.15.16 (2013) Blondes (2016)
EP Sometimes people need something like this (2007)
Notas
Véxase tamén Outros artigos Indie pop Ligazóns externas Belop no cartel do Festival PortAmérica
Categoría:Grupos musicais de Galicia Categoría:Grupos musicais de pop Categoría:Grupos musicais de indie pop Categoría:Redondela