Germán Rañó Pérez, nado en Rianxo o 7 de decembro de 1912, foi un político galego.
Traxectoria Fillo de José Benito Rañó Alcalde, que fora redactor de El Barbero Municipal. Na Segunda República foi detido en 1932 por desacato ao alcalde de Rianxo. Logo marchou a Rosario co seu pai. Colaborou en Nueva España de Rosario. Regresou da emigración arxentina para incorporarse ao exército republicano. Coa derrota da República pasou a Francia, e tras estar no campo de concentración de Saint Cyprien exiliouse en México, arribando a Veracruz no buque Monterrey o 9 de outubro de 1939. Alí traballou coa súa propia marca de equipos médicos e cirúrxicos.
En 1954 reiniciou a relación con Rafael Dieste. Foi directivo do Padroado da Cultura Galega de México e colabou na audición radial La hora de la cultura gallega. A partir de 1963 visitou España con certa regularidade. Retornou a Galicia nos anos setenta, residindo en Santiago de Compostela.La Voz de Galicia, 8-9-1973, p. 20.
Vida persoal
Casou coa actriz mexicana de orixe alemá Elma Seedorf o 12 de xullo de 1952. Tiveron catro fillos. Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Ficha na Secretaría de Gobernación. Departamento de Migración de México Apousentando sombras
Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos de México Categoría:Nados en Rianxo Categoría:Nados en 1912 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes