miniatura|dereita|Huddle post-partido 01/03/2015 Towers Football (ata 2013 Coruña Towers) é un club de fútbol americano localizado en Cambre.
Historia Comezos Foi fundado en 2009 por un grupo de mozos da Comarca da Coruña co nome de Coruña Towers no desaparecido Club Bathory, un bar de A Coruña. Os primeiros adestramentos tiveron lugar nas praias da cidade, arredor de 2007, moito antes da fundación do club, nunhas condicións moi precarias e sen equipamentos protectores. Máis tarde no Parque de Vioño e no Parque de Eiris (A Coruña) tamén se realizaron adestramentos.
Fusión En 2010 e ante as dificultades para competir en liga nacional decidíronse fusionar co outro equipo existente en Galicia, Teo Black Thunder, para disputar a Liga Portuguesa de Fútbol AmericanoEl football americano gallego también emigra a Portugal - El Contragolpe (La Voz de Galicia) 15-9-2009. coa denominación de Galiza Black Towers. Esta unión durou tres tempadas (2010 a 2012). Durante ese tempo ambos equipos competiron por separado na Liga Galega de Fútbol Flag.
Durante esta época o club adestrou no Campo de fútbol de Iñás (Oleiros) e no Campo da Cañoteira (Teo).
A partir de 2012
En 2012 e ante a inminente creación da Liga Galega de Fútbol Americano a fusión dos equipos chega o seu fin. O club reinicia a súa sección de tackle, que comezará a competir na segunda edición da LGFA (2013). A sección de flag quedou segunda na Liga Galega de Flag.
En 2013 a sección de tackle continuou crecendo e realizando amigábeis de cara a II Liga Galega de Fútbol Americano. A sección de flag ganou invicta a Liga Galega de Fútbol Flag, obtendo o pase a Spanish Flag Bowl. Ademais o club decidiu presentarse como candidato a sede da competición, sendo finalmente o responsable de organizar a VII edición masculina e II feminina.La «Spanish Bowl» se decidirá en A Coruña - La Voz de Galicia, 30-5-2013. No deportivo o club obtivo a oitava praza.
Na tempada 2013/2014 a sección de tackle xogou o seu primeiro partido oficialComenzó la segunda edición de la Liga Gallega de fútbol americano. Descubre todos los detalles - galifutbol.com, 17-02-2014. e rematou a II Liga Galega de Fútbol Americano en cuarto posto. Na sección de flag crease un equipo filial. O primeiro equipo quedou subcampión e o filial quinto da VI Liga Galega de Fútbol Flag.
Na tempada 2014/2015 a sección de tackle rematou en terceira posición a III Liga Galega de Fútbol Americano. Na sección de flag o primeiro equipo quedou subcampión e o filial terceiro do seu grupo da VII Liga Galega de Fútbol Flag.
Na tempada 2015/2016 a sección de tackle rematou campioa da IV Liga Galega de Fútbol Americano. Na sección de flag o primeiro equipo quedou subcampión da VIII Liga Galega de Fútbol Flag. Mentres que o filial gañou a súa conferencia caendo en play-offs. Créanse as seccións de animación (mixta) e flag feminino que toman por nome Royal Towers.
Na tempada 2016/2017 a sección de tackle rematou subcampioa da V Liga Galega de Fútbol Americano. Na sección de flag o primeiro equipo quedou campión da IX Liga Galega de Fútbol Flag, o equipo filial quedou campión da segunda división e o equipo feminino rematou cuarto do seu grupo de segunda división. Ademais o equipo feminino quedou segundo da I Liga Galega de Fútbol Flag Feminino.
Na tempada 2017/2018 a sección de flag gañou a primeira edición da Copa Galicia de Fútbol Flag. A sección de tackle rematou subcampioa da Liga Norte de Fútbol Americano na súa primeira participación nesta competición puntuable para o ascenso a Serie A.
Na tempada 2019/2020 a sección de tackle disputou a Liga Norte Sénior 7x7 a que presentou dous equipos: Black Widow Towers e Towers Chieftains. Antes da suspensión da competición pola Pandemia de COVID-19 ambos equipos estaban en postos de play-off a falta de disputarse a derradeira xornada da fase regular do campionato. A sección de flag non tivo actividade competitiva pola suspensión de todas as competicións pola Pandemia de COVID-19.
Na tempada 2020/2021 o club retoma os adestramentos pouco a pouco segundo o permite a relaxación das medidas sanitarias para conter a Pandemia de COVID-19, non participa en ningunha competición pola pausa nas mesmas.
Na tempada 2021/2022 a sección de tackle disputou a Liga Norte Senior 7x7 organizada pola Federación de Fútbol Americano do Principado de Asturias, rematando o campionato regular primeiros clasificados e invictos. Isto valeulles o pase á fase interterritorial, onde venceron os CFA Legends en semifinais e os Valladolid Penguins na final. A sección de flag participou na Copa de Asturias de Fútbol Flag presentando dous equipos, Meliora Towers e Towers Chieftains, obtendo a primeira e a cuarta praza respectivamente.
Palmarés 2012: Subcampión da IV Liga Galega de Fútbol Flag Open. 2013: Campión da V Liga Galega de Fútbol Flag Open.El Towers, campeón - La Voz de Galicia 29-1-2013. 2014: Subcampión da VI Liga Galega de Fútbol Flag Open. 2015: Subcampión da VII Liga Galega de Fútbol Flag Open. 2016: Campión da IV Liga Galega de Fútbol Americano.El Cazuza Towers se alza con su primer título en la Liga Gallega – La Opinión A Coruña 15-mar-2016. 2017: Subcampión da V Liga Galega de Fútbol Americano. Campión da IX Liga Galega de Fútbol Flag Open (o equipo filial queda campión da segunda división da competición). 2018: Subcampión da Liga Norte de Fútbol Americano. Campión II Copa Galicia de Fútbol Flag Open. Campión da X Liga Galega de Fútbol Flag Open. 2019: Campión III Copa Galicia de Fútbol Flag Open. Campión Copa Galega de Fútbol Flag Feminina. 2020: Competicións suspendidas pola Pandemia de COVID-19. 2021: Campión da Copa de Asturias de Fútbol Flag. 2022: Campión da Liga Norte de Fútbol Americano. Campión da Liga Interterritorial de Fútbol Americano. Campión XII Liga Galega de Fútbol Flag Open.
Récords Campionatos invictos: V Liga Galega de Fútbol Flag 2013, Copa de Asturias de Fútbol Flag 2021, Liga Norte de Fútbol Americano 2021, Liga Interterritorial de Fútbol Americano 2021. Serie de vitorias seguidas na Liga Galega de Fútbol Flag: 16 (entre a última xornada da IV e a terceira da VI edición). 06-01-2014 Serie de vitorias seguidas na Liga Norte de Fútbol Americano: 12 (entre a primeira xornada da edición 2020 e a derradeira xornada da edición 2022).
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Web oficial Towers Football, Asociación Galega de Fútbol Americano Towers Football, Federación Española de Fútbol Americano Towers Football, about.me (enlaces a redes sociales)
Categoría:Equipos de fútbol americano de Galicia Categoría:Deporte en Cambre