Chapa e pintura é unha comedia de situación emitida pola Televisión de Galicia dende o 7 de outubro de 2013.La TVG estrena mañana «Chapa e pintura», la nueva ficción para los lunes
Sinopse Ambientada nunha veciñanza ficticia onde, entre outros negocios, conviven unha tenda-taller de motos e un salón de beleza, nos que traballan Chelo e Raúl respectivamente, unha parella recentemente separada. Como as súas vidas, os seus negocios precisan e buscan o mesmo obxectivo: unha renovación de chapa e pintura. En definitiva, unha tranquila e próspera rúa, en que a vida podería transcorrer moi pracenteira senón fora polas intrigas dos seus veciños.
Elenco Manuel San Martín Mara Sánchez Carolina Vázquez Victoria Teijeiro Dolores Gippini Xoel Yáñez Miguel Pernas Fernando Dacosta Fernando González Mariana Expósito
Episodios Primeira tempada A guerra dos Rois (7 de outubro de 2013) Lucas, eu son teu pai (14 de outubro de 2013) Encántame o olor do napalm pola mañá (21 de outubro de 2013) Ao inimigo nin auga (quente) (28 de outubro de 2013)
Segunda tempada Os tipos duros non bailan (ben) (14 de agosto de 2014) Non fago plans con tanta antelación (21 de agosto de 2014) Sei o que é perder, agora teño medo de gañar (28 de agosto de 2014) A valiosa axenda de Raúl (4 de setembro de 2014) Unha oferta imposible de rexeitar (11 de setembro de 2014) E ao finalizar, fírovos (18 de setembro de 2014) A muller que matou a Pitusa Balans (25 de setembro de 2014) O presentimento de que xa non estamos en Kansas (2 de outubro de 2014) Incluso as alcachofas teñen corazón (9 de outubro de 2014)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina da serie Páxina da serie na TVG
Categoría:Series de televisión iniciadas en 2013 Categoría:Series da TVG Categoría:Series de televisión de Galicia Categoría:Series de televisión en lingua galega