O cangrexo do Mediterráneo,Lahuerta, F. e Vázquez, F. X. (2000), p. 210) Carcinus aestuarii Nardo, 1847, é unha especie de crustáceo decápodo é unha especie de crustáceo decápodo braquiúro da familia dos portúnidos, propio do litoral Mediterráneo.

Taxonomía A especie foi descrita en 1847 polo médico e naturalista italiano Giovanni Domenico Nardo,Carcinus aestuarii Nardo, 1847 no WoRMS. como subespecie de Carcinus maenas: Carcinus maenas aestuarii.

Ao longo do tempo foi coñecida polos segunteds sinónimos: Carcinus maenas aestuarii Carcinus mediterraneus Czerniavsky, 1884 Portunus menoides Rafinesque, 1817

Características Trátase dunha especie moi similar a Carcinus maenas (o cangrexo común) polo que algúns autores considerárono como unha subespecie deste.

Pero análises de ADN que compararon o xenoma da citocromo c oxidase revelaron diferenzas substanciais entre ambas as especies, apoiando o seu status de especies separadas.

Ambas as especies poden diferenciarse visualmente pola parte frontal da casca que se encontra entre os ollos, que é máis curta e aserrada en C. maenas e máis longa e lisa en C. aestuarii.

Ademais, os gonopodios de C. aestuarii son rectos e paralelos, mentres que os de C. maenas son curvos, en forma de gancho.

A diferenza de C. maenas, que invadiu muoitas costas por todo o mundo, C. aestuarii sóo se viu implicado nunha invasión: a costa xaponesa foi invadida por espécimes de C. aestuarii ou, talvez, híbridos de C. aestuarii e C. maenas.T. J. Carlton, T. J. & A. N. Cohen (2003): "Episodic global dispersal in shallow water marine organisms: the case history of the European shore crabs Carcinus maenas and C. aestuarii". Journal of Biogeography, 30 (12): 1809–1820.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Lahuerta, F. e Vázquez, F. X. (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8. Türkay, M. (2001): "Decapoda", en: Costello, M. J. et al. eds. (2001): European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. Paris: Muséum national d'Histoire naturelle. Collection Patrimoines Naturels, 50. ISBN 2-85653-538-0.

Outros artigos Braquiúros Cangrexo Pleociemados

Ligazóns externas Carcinus aestuarii (Nardo, 1847) en AIAM Ampla información. Comsultada o 20 de agosto de 2014.

Categoría:Braquiúros