O pai da noiva (en ) é un filme estadounidense dirixido por Charles Shyer que se estreou en 1991. Está protagonizado por Steve Martin, Diane Keaton, Kimberly Williams, George Newbern, Martin Short, BD Wong e Kieran Culkin. É un remake do filme homónimo de 1950.
Estreouse en galego o 11 de outubro de 2004 a través da TVG.La Voz de Galicia, 11 de outubro de 2004. Páx. 63
Sinopse George Banks, un home maduro pero mozo de espírito, non acaba de aceptar que a súa filla de 22 anos, para el aínda unha nena, estea a piques de casar. Aínda que todos cren que o noivo é un rapaz estupendo, é iso o que o converte no inimigo do seu futuro sogro, que ten medo a perder a súa filla para sempre.
Personaxes Steve Martin como George Banks Diane Keaton como Nina Banks Kimberly Williams como Annie Banks George Newbern como Bryan MacKenzie Kieran Culkin como Matty Banks Martin Short como Franck Eggelhoffer BD Wong como Howard Weinstein Peter Michael Goetz como John MacKenzie Kate McGregor-Stewart como Joanna MacKenzie Richard Portnow como Al David Pasquesi como Hanck Chauncey Leopardi como Cameron Eugene Levy como Cantante na audición Marissa Lefton como Annie con 3 anos Sarah Rose Karr como Annie con 7 anos Amy Young como Annie con 12 anos
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Ficha en AllMovie Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 1991 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Charles Shyer Categoría:Filmes de Touchstone Pictures Categoría:Filmes rodados en California Categoría:Filmes rodados nos Ánxeles Categoría:Filmes sobre familias Categoría:Filmes sobre vodas Categoría:Filmes de 1991 con versión en galego