O termo substratosubstrato no dicionario da RAG. pode referirse a: O substrato en edafoloxía, a capa do solo que está debaixo do subsolo, e que pode ser rochoso ou de sedimentos. O substrato, en xardinaría, a terra para testos. O substrato, en ecoloxía, parte do biótopo onde determinados seres vivos realizan as súas funcións vitais. O substrato, en bioloxía, superficie na que unha planta ou un animal vive. O substrato, en bioquímica, molécula sobre a que actúa un enzima. O substrato, en química, especie química que se considera, de forma explícita, obxecto da acción doutros reactivos. O substrato, en microelectrónica (obleas electrónicas ou waffers e electrónica de película delgada), material físico sobre o que se aplica un dispositivo semicondutor (por exemplo, unha célula fotovoltaica ou un circuíto integrado).

Ademais, pode facer referencia a: O substrato lingüístico, en lingüística, conxunto das influencias léxicas, fonéticas e gramaticais que exerce a lingua orixinalmente falada nun territorio sobre a lingua que a substitúe.

Notas

Véxase tamén Substratos do galego