Esta páxina trata sobre a enfermidade. Para información sobre os virus ver: virus Marburg, virus Ravn e Marburg marburgvirus.
A enfermidade polo virus Marburg (ICD-10), tamén chamada febre hemorráxica de Marburgo é unha febre hemorráxica viral causada polos virus Marburg (MARV) e Ravn (RAVV), pertencentes á especie Marburg marburgvirus. Os síntomas clínicos da febre de Marburgo son case indistinguibles dos da enfermidade polo virus Ebola. O nome da enfermidade e a do virus derivan da cidade alemá de Marburgo, onde se deron os primeiros casos da doenza.Siegert, R.; Shu, H. L.; Slenczka, W.; Peters, D.; Müller, G. (2009). "Zur Ätiologie einer unbekannten, von Affen ausgegangenen menschlichen Infektionskrankheit". DMW - Deutsche Medizinische Wochenschrift 92 (51): 2341–2343. doi:10.1055/s-0028-1106144. PMID 4294540.
Signos e síntomas Os estudos máis detallados da frecuencia, comezo e duración dos signos e síntomas da enfermidade polo virus Marburg realizáronse entre 1998–2000 durante o gromo debido conxuntamente aos virus MARV e RAVV.Bausch, D. G.; Nichol, S. T.; Muyembe-Tamfum, J. J.; Borchert, M.; Rollin, P. E.; Sleurs, H.; Campbell, P.; Tshioko, F. K.; Roth, C.; Colebunders, R.; Pirard, P.; Mardel, S.; Olinda, L. A.; Zeller, H.; Tshomba, A.; Kulidri, A.; Libande, M. L.; Mulangu, S.; Formenty, P.; Grein, T.; Leirs, H.; Braack, L.; Ksiazek, T.; Zaki, S.; Bowen, M. D.; Smit, S. B.; Leman, P. A.; Burt, F. J.; Kemp, A.; Swanepoel, R. (2006). "Marburg Hemorrhagic Fever Associated with Multiple Genetic Lineages of Virus". New England Journal of Medicine 355 (9): 909–919. doi:10.1056/NEJMoa051465. PMID 16943403. As manifestacións hemorráxicas típicas desta doenza son erupcións maculopapulares, petequias, púrpura, equimoses, e hematomas (especialmente arredor dos lugares onde se practicaron inxeccións). Porén, estas hemorraxias non orixinan unha hipovolemia e non son a causa da morte, xa que esta se debe a unha síndrome de disfuncións orgánicas múltiples causadas pola redistribución de fluídos, hipotensión, coagulación intravascular diseminada e necrose de tecidos focal.Martini, G. A.; Knauff, H. G.; Schmidt, H. A.; Mayer, G.; Baltzer, G. (2009). "Über eine bisher unbekannte, von Affen eingeschleppte Infektionskrankheit: Marburg-Virus-Krankheit". DMW - Deutsche Medizinische Wochenschrift 93 (12): 559–571. doi:10.1055/s-0028-1105098. PMID 4966280.Stille, W.; Böhle, E.; Helm, E.; Van Rey, W.; Siede, W. (2009). "Über eine durch Cercopithecus aethiops übertragene Infektionskrankheit". DMW – Deutsche Medizinische Wochenschrift 93 (12): 572–582. doi:10.1055/s-0028-1105099. PMID 4966281.Gear, J. S.; Cassel, G. A.; Gear, A. J.; Trappler, B.; Clausen, L.; Meyers, A. M.; Kew, M. C.; Bothwell, T. H.; Sher, R.; Miller, G. B.; Schneider, J.; Koornhof, H. J.; Gomperts, E. D.; Isaäcson, M.; Gear, J. H. (1975). "Outbreake of Marburg virus disease in Johannesburg". British Medical Journal 4 (5995): 489–493. doi:10.1136/bmj.4.5995.489. PMC 1675587. PMID 811315.Johnson, E. D.; Johnson, B. K.; Silverstein, D.; Tukei, P.; Geisbert, T. W.; Sanchez, A. N.; Jahrling, P. B. (1996). "Characterization of a new Marburg virus isolated from a 1987 fatal case in Kenya". Archives of virology. Supplementum 11: 101–114. PMID 8800792.Nikiforov, V. V.; Turovskiĭ, I.; Kalinin, P. P.; Akinfeeva, L. A.; Katkova, L. R.; Barmin, V. S.; Riabchikova, E. I.; Popkova, N. I.; Shestopalov, A. M.; Nazarov, V. P. (1994). "A case of a laboratory infection with Marburg fever". Zhurnal mikrobiologii, epidemiologii, i immunobiologii (3): 104–106. PMID 7941853.Roddy, P.; Thomas, S. L.; Jeffs, B.; Nascimento Folo, P.; Pablo Palma, P.; Moco Henrique, B.; Villa, L.; Damiao Machado, F. P.; Bernal, O.; Jones, S. M.; Strong, J. E.; Feldmann, H.; Borchert, M. (2010). "Factors Associated with Marburg Hemorrhagic Fever: Analysis of Patient Data from Uige, Angola". The Journal of Infectious Diseases 201 (12): 1909–1918. doi:10.1086/652748. PMC 3407405. PMID 20441515.
As fases clínicas da febre hemorráxica de Marburgo descríbense a continuación, pero as fases poden solaparse debido á variabilidade entre casos.
Incubación: 2–21 días, como media 5–9 días. Fase de xeneralización: dos días 1 ao 5 desde o comezo dos síntomas clínicos. Preséntase febre (~40˚C) e dor de cabeza forte e súbita, acompañado de calafríos, fatiga, náusea, vómitos, diarrea, farinxite, erupcións maculopapulares, dor abdominal, conxuntivite e malestar xeral. Fase orgánica inicial ou temperá: dos días 5 ao 13. Os síntomas inclúen a prostración, dispnea, edema, inxección de sangue na conxuntiva, exantema viral e síntomas no sistema nervioso central como encefalite, confusión, delirio, apatía e agresión. Os síntomas hemorráxicos aparecen tipicamente máis tarde e anuncian o final da fase orgánica inicial, e van seguidas da recuperación do doente ou do seu empeoramento e morte. Os síntomas hemorráxicos inclúen sangue nas feces, equimoses, hemorraxias nos puntos que foron perforados por agullas hipodérmicas, hemorraxias viscerais e nas mucosas e posiblemente hematémese. Fase orgánica tardía: dos días 13 ao 21 ou máis. Os síntomas bifúrcanse en dous grupos diferentes para os superviventes e os casos mortais. Os superviventes entran na fase de convalecencia, e experimentan mialxia, fibromialxia, hepatite, astenia, síntomas oculares, e psicose. Ao contrario, os casos mortais continúan a deterioración, sufrindo febre continuada, obnubilación, coma, convulsións, coagulopatía difusa, trastornos metabólicos, shock e morte, a cal tipicamente ocorre entre os días 8 e 16.
Causas
+ Xénero Marburgvirus: especies e virus Nome das especies Nome dos virus (Abreviación) Marburg marburgvirus(especie tipo) Marburg virus (MARV; antes MBGV) Ravn virus (RAVV; antes MARV-Ravn)
A enfermidade polo virus Marburg está causada por dous virus chamados virus Marburg (MARV) e virus Ravn (RAVV) clasificados na especie Marburg marburgvirus, xénero Marburgvirus, familia Filoviridae, orde Mononegavirales.
Os marburgvirus son endémicos de terras boscosas áridas de África ecuatorial.Peterson, A. T.; Bauer, J. T.; Mills, J. N. (2004). "Ecologic and Geographic Distribution of Filovirus Disease". Emerging Infectious Diseases 10 (1): 40–47. doi:10.3201/eid1001.030125. PMC 3322747. PMID 15078595.Pinzon, E.; Wilson, J. M.; Tucker, C. J. (2005). "Climate-based health monitoring systems for eco-climatic conditions associated with infectious diseases". Bulletin de la Societe de pathologie exotique (1990) 98 (3): 239–243. PMID 16267968.Peterson, A. T.; Lash, R. R.; Carroll, D. S.; Johnson, K. M. (2006). "Geographic potential for outbreaks of Marburg hemorrhagic fever". The American journal of tropical medicine and hygiene 75 (1): 9–15. PMID 16837700. A maioría das infeccións por marburgvirus foron repetidamente asociadas con persoas que visitaban covas naturais ou traballaban en minas. En 2009, illáronse MARV e RAVV infecciosos de morcegos da froita exipcios da especie Rousettus aegyptiacus capturados en covas.Towner, J. S.; Amman, B. R.; Sealy, T. K.; Carroll, S. A. R.; Comer, J. A.; Kemp, A.; Swanepoel, R.; Paddock, C. D.; Balinandi, S.; Khristova, M. L.; Formenty, P. B.; Albarino, C. G.; Miller, D. M.; Reed, Z. D.; Kayiwa, J. T.; Mills, J. N.; Cannon, D. L.; Greer, P. W.; Byaruhanga, E.; Farnon, E. C.; Atimnedi, P.; Okware, S.; Katongole-Mbidde, E.; Downing, R.; Tappero, J. W.; Zaki, S. R.; Ksiazek, T. G.; Nichol, S. T.; Rollin, P. E. (2009). "Isolation of Genetically Diverse Marburg Viruses from Egyptian Fruit Bats". In Fouchier, Ron A. M. PLoS Pathogens 5 (7): e1000536. doi:10.1371/journal.ppat.1000536. PMC 2713404. PMID 19649327. Este illamento suxire fortemente que os morcegos da froita do Vello Mundo están implicados no mantemento natural dos marburgvirus e que a visita de covas ou minas onde viven morcegos é un factor de risco para as infeccións por marburgvirus. Son necesarios máis estudos para establecer con seguridade se os morcegos Rousettus aegyptiacus son os hóspedes reais ou se son só hóspedes intermedios que foron infectados por outros animais. Outro factor de risco é o contacto con primates non humanos, aínda que só un gromo desta febre hemorráxica (o de 1967) se debeu ao contacto con monos infectados. Finalmente, outro importante factor de risco é o contacto sen protección con pacientes que teñan a enfermidade, polo que os traballadores sanitarios deben usar un equipamento protector persoal axeitado.
A diferenza do que ocorre coa enfermidade polo virus Ebola, que foi asociada con períodos de fortes precipitacións despois de períodos longos de seca, os factores que inician o espallamento dos marburgvirus nas poboacións humanas non están descritos aínda.
Diagnose