Manuel Coronado Plá, coñecido habitualmente como Lolo ou Lolo Plá, nado en Mérida (Estremadura) o 7 de abril de 1993, é un futbolista profesional español que xoga como mediapunta no Cádiz da Segunda División B cedido polo Benfica.

Traxectoria Nado en Mérida, Estremadura, Lolo comezou a súa carreira nas categorías inferiores do Real Valladolid, facendo o debut sénior co filial valisoletano na tempada 2010-11 en Terceira División. O 20 de agosto de 2012 apareceu no seu primeiro encontro co primeiro equipo, xogando os últimos minutos no partido correspondente á primeira xornada da Primeira División 2012-13, no que o seu equipo vence por 1-0 ao Real Zaragoza na Romareda. O 2 de agosto de 2013 asina polo S.L. Benfica, sendo inicialmente colocado no equipo filial da Segunda Liga. Debutou co seu equipo xa o día 26, entrando desde o banco no minuto 81 na vitoria en casa ante o Portimonense S.C., marcando o 3–0. Ao final da tempada logra anotar 10 goles en 32 partidos.

Clubs AnoClubDivisiónPartidosGoles2010-2011Real Valladolid BTerceira702011-2012Real Valladolid BTerceira40132012-2013Real Valladolid BTerceira1642012-2013Real ValladolidPrimeira702013-2014SL Benfica BSegunda32102014SL Benfica BSegunda302014-2015CD LugoSegunda2332015-2016Cádiz CFSegunda B

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en Transfermarkt Datos do xogador en BDFútbol Datos do xogador en Fora de Jogo Datos do xogador en Soccerway

Categoría:Nados en 1993 Categoría:Nados en Mérida Categoría:Futbolistas de Estremadura Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Real Valladolid B Categoría:Xogadores do Real Valladolid Categoría:Xogadores do SL Benfica Categoría:Xogadores do CD Lugo Categoría:Xogadores do Cádiz CF