A Torre de Alarma de Barciela, Torre de Alarma de Castrelo,Torre de Alarma de Castrelo en Turgalicia. Torre vella de Barciela ou, simplemente, Torre de Barciela é unha construción do século XV situada no lugar de Barciela, parroquia de Santa Mariña de Castrelo do concello pontevedrés de Forcarei, na Comarca de Tabeirós - Terra de Montes.
Descrición É unha torre de planta cuadrangular dividida en tres corpos cunha escaleira arredor polo exterior do acceso. No primeiro corpo hai unha fornalla de arco semicircular de grandes doelas; o segundo corpo parte dunha plataforma de chegada ás escaleiras onde se facían os sinais luminosos e forma unha especie de espadana con arco de medio punto situado xa no terceiro corpo, rematando un pequeno frontal con beiral e un pináculo na cima.Plan Xeral de Ordenación Municipal de Forcarei Boletín Oficial de Pontevedra, n.º 136 de 17-6-2002.
Foi declarada Ben de Interese Cultural co código (R.I.)-51-0008964-00000.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Boga Moscoso, R.. Guía dos Castelos medievais de Galicia. Edicións Xerais de Galicia, 2003. ISBN 84-9782-035-5 Outros artigos Lista de monumentos da provincia de Pontevedra Ligazóns externas Parroquia de Santa Mariña de Castrelo na páxina do Concello de Forcarei
Categoría:Forcarei Categoría:Bens de Interese Cultural da provincia de Pontevedra Alarma de Barciela