Hovnan Derderian, nado como Vahram Derderian o 1 de decembro de 1957 en Beirut (Líbano), é un arcebispo apostólico armenio, actual primado da diocese dos Estados Unidos Occidentais, baixo a Santa Sé de Etchmiadzin.
Traxectoria Entre 1970 e 1975 estudou no seminario teolóxico da Santa Sé de Cilicia, e posteriormente continuou os seus estudos no de Etchmiadzin.
O 8 de xuño de 1980 foi ordenado sacerdote célibeNa Igrexa Apostólica Armenia os sacerdotes poden ser ordenados célibes ou, se levan un ano de matrimonio e teñen un fillo, casados. Os sacerdotes célibes, unha vez ordenados, non poden casar. polo catholicos Vazken I, e tomou o nome monástico de "Hovnan".
Entre 1980 e 1983 estudou Teoloxía no St Stephen's House da Universidade de Oxford. Logo de se graduar, ensinou Historia da Igrexa e Música Litúrxica no seminario de Etchmiadzin. En 1984 foi elevado a vardapet, ao obter o doutoramento en Teoloxía.
A partir de 1984 exerceu como pastor no Canadá, nunha igrexa de Toronto. En 1990 foi elixido primado da diocese do Canadá, e foi consagrado bispo o 7 de outubro de 1990 por Vazken I. En 1993 foi elevado a arcebipo. En 1995 e 2000 foi reelixido por segunda e terceira vez primado do Canadá.
O 3 de maio de 2003 foi elixido primado da diocese dos Estados Unidos Occidentais.
Notas Notas
Referencias
Véxase tamén Ligazóns externas Biografía na páxina web da diocese (páxina web actual) Biografía na páxina web da diocese (antiga páxina web) Perfil en Orthodoxia.ch
Categoría:Bispos da Igrexa apostólica armenia Categoría:Nados en 1957 Categoría:Nados en Beirut Categoría:Bispos ortodoxos orientais do Líbano Categoría:Bispos ortodoxos orientais dos Estados Unidos de América Categoría:Bispos ortodoxos orientais do Canadá Categoría:Bispos ortodoxos orientais do século XX Categoría:Bispos ortodoxos orientais do século XXI Categoría:Alumnos da Universidade de Oxford