San Xiao de Lardeiros é unha parroquia que se localiza no norte do concello do Pino. Segundo o IGE en 2013 tiña 312 habitantes (163 homes e 149 mulleres) distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 401 habitantes.

Patrimonio En Lardeiros hai un cruceiro do século XVIII, cunha inscrición de difícil lectura no pedestal. O fuste e o capitel son rectos e xeométricos, propios do neoclasicismo expandido desde Compostela. Porén, a cruz é barroca, con paus imitando troncos de árbore conservando os tocos de ramas podadas, unha Piedade co fillo morto nos brazos, e o crucificado moi separado da cruz.

Lugares e parroquias Lugares de Lardeiros

Parroquias do Pino

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares do Pino

Categoría:Parroquias do Pino Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Xiao