Pio Taofinuʻu, nado en Falealupo (Samoa) o 8 de decembro de 1923 e finado en Apia o 19 de xaneiro de 2006, foi un eclesiástico samoano, cardeal e arcebispo latino. Traxectoria Pio Taofinuʻu naceu o 8 de decembro de 1923 en Falealupo, en Samoa Occidental. Estudou no seminario menor de Moatioa (Moamoa) e posteriormente no da Illa de Wallis. Concluíu os seus estudos de Filosofía e Teoloxía cos maristas en Nova Zelandia.
Foi ordenado sacerdote o 8 de decembro de 1954 polo vigairo apostólico das Navegadores Jean Baptiste Dieter,Breve autobiografía de Pio Taofinuʻu: e posteriormente ingresou na Sociedade de María, facendo o noviciado en Nova York. Á súa volta a Samoa foi nomeado vigairo do bispo George Hamilton Pearce, entón vigairo apostólico de Samoa e Tokelau. O 11 de xaneiro de 1968 foi elixido bispo de Apia, e foi consagrado bispo o 29 de maio de 1968 polo seu predecesor Pearce, entón arcebispo de Suva, e tivo como co-consagrantes a Brian Patrick Ashby, bispo de Christchurch, e a John Hubert Macey Rodgers, bispo de Tonga.
Realizou unha prolífica labor en prol da educación durante o seu episcopado, creando varias escolas secundarias e de formación profesional. Reorganizou o seminario da arquidiocese e fundou un instituto de Teoloxía. Involucrouse tamén no traballo social, no servizo a pobres e anciáns, e creou unha industria de fabricación de queixos para a poboación da súa diocese. Tivo tamén unha grande influencia sobre o desenvolvemento e inculturización da cultura samoana na liturxia romana; na liturxia católica samoana, por exemplo, logo da consagración se lle da a benvida a Cristo con flores, como é tradición na cultura samoana.
O papa Paulo VI creouno cardeal no consistorio do 5 de marzo de 1973, co título de Cardeal-Presbítero de Sant'Onofrio.
En 1982 fíxose unha reorganizacións das dioceses de Oceanía, e pasou a ser arcebispo metropolitano de Samoa-Apia.
Retirouse o 16 de novembro de 2002, e finou o 19 de xaneiro de 2006, aos 82 anos de idade.
Obra
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Perfil biográfico no Servizo de Prensa da Santa Sé Artigos en CardinalRating.com Perfil en Catholic-Hierarchy.org Perfil en The Cardinals of the Holy Roman Church
Categoría:Bispos católicos de Samoa Categoría:Bispos católicos de Tuvalu Categoría:Cardeais creados por Paulo VI Categoría:Cardeais de Samoa Categoría:Relixiosos católicos de Samoa Categoría:Nados en Samoa Categoría:Nados en 1923 Categoría:Finados en 2006 Categoría:Bispos da Igrexa católica latina Categoría:Padres maristas