Hisparco foi un fabricante español de automóbiles con sede en Madrid de 1924 ata 1929.

Historia da compañía

A compañía Carlos Pérez del Arco y Compañia de Madrid comezou coa produción de automóbiles en 1924. En 1929 terminou a produción logo da construción dunhas 150 unidades.

A empresa presentou un único modelo de coche deportivo pequeno. O chasis obtívose da Société A. Marguerite de Francia. Utilizaba un motor de catro cilindros, de 750 cc ou 1100 cc. Os vehículos estaban equipados con freos nas catro rodas e tamén participou en carreiras de autos deportivos.

Un vehículo desta marca atópase no museo do automóbil Collecció d’Automòbils de Salvador Claret en Sils.

Véxase tamén

Bibliografía G. N. Georgano: Autos. Encyclopédie complète. 1885 à nos jours. Courtille, 1975 Harald Linz und Halwart Schrader: Die Internationale Automobil-Enzyklopädie, United Soft Media Verlag GmbH, München 2008, ISBN 978-3-8032-9876-8

Categoría:Fabricantes de automóbiles de España