Coregonus é un xénero de peixes osteíctios da orde dos salmoniformes, familia dos salmónidos, que é o tipo da subfamilia dos coregoninos.
Comprende numerosas especies denominadas corégonos, moitas delas moi apreciadas na pesca deportiva.
Describíronse até 68 taxa, pero o número efectivo de especies é, como en case todos os xéneros de salmónidos, un tema suxeito a debate.
Sexan as que for, todas as especies do xénero teñen poboacións en vías de regresión, e algunhas están ao bordo da extinción.
De feito, moitas, especialmente dos Grandes Lagos norteamericanos e dos lagos alpinos de Europa, xa se extinguiron no século pasado.
Por iso todas as especies de Coregonus están hoxe protexidas ao abeiro do Convenio de Berna.
Características miniatura|240px|Coregonus lavaretus, a especie tipo
O corpo dos corégonos ten a forma típica dos salmónidos. De menor tamaño que o salmón, e con escamas máis grandes; teñen sempre menos de 110 escamas ao longo da liña lateral, que é claramente visíbel.
A aleta dorsal ten polo menos por 16 raios; as aletas pelvianas están en posición anterior e a aleta caudal é gallada ou sensibelmente fendida.Nelson (2006).
De cor basicamente prateada, aínda que algúns individuos que viven en lagos de Norteamérica teñen o lombo de cor parda verdosa ou parda máis ou menos escura, pero sempre cos flancos prateados e o ventre abrancazado.
Hábitat, distribución e bioloxía
Son peixes fundamentalmente de auga doce que habitan nas zonas norteñas de América e Eurasia, en lagos e grandes ríos.
Porén, varias especies, entre elas Coregonus autumnalis, C. laurettae e C. sardinella, son anádromas, movéndose entre augas salgadas e doces.
Os adultos aliméntanse principalmente de larvas acuáticas de insectos, moluscos e crustáceos anfípodos, pero tamén doutros peixes e dos seus ovos, incluídos os seus propios (un caso de canibalismo). As crías aliméntanse de copépodos e cladóceros.
Taxonomía Descrición O xénero foi descrito en 1758 por Linneo na 10ª edición do seu Systema Naturae.Coregonus Linnaeus, 1758. Consultado o 9 de marzo de 2022.Coregonus Linnaeus, 1758 no GBIF. Consultado o 9 de marzo de 2022.
Etimoloxía Linneo formou o nome unido o termo do grego antigo κόρη korē, "pupila do ollo" e o elemento do latín científico -gonus, derivado do grego γωνία gōnía, "ángulo".Webster's New International English Dictionary, 2012 Consultado o 11 de setembro de 2014.
Sinónimos Ao longo do tempo o xénero foi coñecido polos sinónimos:
Segundo o WoRMS: Argyrosomus Agassiz, 1850 Corregonus Linnaeus, 1758 (ortografía incorrecta) Goregonus (ortografía incorrecta) Leucichthys Dybowski, 1874 Tripteronotus Lacepède, 1803
Segundo o GBIF:
Allosomus Jordan, 1878 Argyrosomus Agassiz, 1850 Caregonus Gistl, 1848 Cisco Jordan & Evermann, 1911 Coregonus Jarocki, 1822 Coregonus Lacepède, 1803 Corregonus Duméril, 1805 Corregonus Linnaeus, 1758 Corygonus Swainson, 1838 Goregonus Leucichthys Dybowski, 1874 Thrissomimus Gill, 1911 Tripteronotus Lacepède, 1803
Nota taxonómica O xénero foi antigamente subdividido en dous subxéneros, Coregonus (os corégonos propiamente ditos) e Leucichthys. O primeiro comprendería as especies con boca subterminal e xeralmente de hábitos alimentarios bentónicos, mentres que a segunda comprendería aquelas coa boca terminal ou supraterminal, e que se alimentaban de plancto peláxico. Porén, esta clasificación non é natural: segundo datos de análises moleculares de ADN mitocondrial, as supostas especies do subxénero Leucichthys comprenden dúas liñaxes distintas dentro do xénero. Ademais, o xénero Stenodus (da mesma subfamilia) non é filoxeneticamemte distinto de Coregonus.Bernatchez L.; Colombani, F. & Dodson J. J. (1991): Phylogenetic relationships among the subfamily Coregoninae as revealed by mitochondrial DNA restriction analysis Journal of Fish Biology 39 (Suppl A): 283-290.
Especies Hai moita incerteza e confusión na clasificación de moitas especies deste xénero. Actualmente FishBase recoñece 79 especies vivas e recentemente extintas:Froese, Rainer & Daniel Pauly, eds. (2012): Especies de Coregonus en FishBase.
Coregonus albellus Fatio, 1890 Coregonus albula (Linnaeus, 1758) - Corégono branco.Lahuerta, F. e Vázquez, F. X. (2000), pp. 59-60. †Coregonus alpenae (Koelz, 1924) Coregonus alpinus Fatio, 1885 Coregonus anaulorum Chereshnev, 1996 Coregonus arenicolus Kottelat, 1997 Coregonus artedi Lesueur, 1818 - Corégono de Artedi. Coregonus atterensis Kottelat, 1997 Coregonus austriacus C. C. Vogt, 1909 Coregonus autumnalis (Pallas, 1776) Coregonus baerii Kessler, 1864 Coregonus baicalensis Dybowsk, 1874 Coregonus baunti Mukhomediyarov, 1948 Coregonus bavaricus Hofer, 1909 Coregonus bezola Fatio, 1888 Coregonus candidus Goll, 1883 Coregonus chadary Dybowski, 1869 Coregonus clupeaformis (Mitchill, 1818) - Corégono de lago. Coregonus clupeoides Lacépède, 1803</small> Coregonus confusus Fatio, 1885</small> Coregonus danneri C. C. Vogt, 1908</small> Coregonus duplex Fatio, 1890</small> Coregonus fatioi Kottelat, 1997</small> † Coregonus fera Jurine, 1825</small> Coregonus fontanae M. Schulz & Freyhof, 2003</small> † Coregonus gutturosus (C. C. Gmelin, 1818) Coregonus heglingus Schinz, 1822 † Coregonus hiemalis Jurine, 1825 Coregonus hoferi L. S. Berg, 1932 Coregonus holsata Thienemann, 1916 Coregonus hoyi (Milner, 1874) Coregonus huntsmani W. B. Scott, 1987 † Coregonus johannae (G. Wagner, 1910) Coregonus kiletz Michailovsky, 1903 Coregonus kiyi (Koelz, 1921) Coregonus ladogae Pravdin, Golubev & Belyaeva, 1938 Coregonus laurettae . H. Bean, 1881 Coregonus lavaretus (Linnaeus, 1758) - Corégono lavareto. Coregonus lucinensis Thienemann, 1933 Coregonus lutokka Kottelat, Bogutskaya & Freyhof, 2005 Coregonus macrophthalmus Nüsslin, 1882 Coregonus maraena (Bloch, 1779) Coregonus maraenoides L. S. Berg, 1916 Coregonus maxillaris] Günther, 1866 Coregonus megalops Widegren, 1863 Coregonus migratorius (Georgi, 1775) Coregonus muksun (Pallas, 1814) Coregonus nasus (Pallas, 1776) - Corégono narigudo. Coregonus nelsonii T. H. Bean, 1884 Coregonus nigripinnis (Milner, 1874) Coregonus nilssoni Valenciennes, 1848 Coregonus nipigon (Koelz, 1925) Coregonus nobilis Haack, 1882 † Coregonus oxyrinchus (Linnaeus, 1758) - Corégono bicudo. Coregonus palaea <smallG. Cuvier, 1829</small> Coregonus pallasii Valenciennes, 1848 Coregonus peled (J. F. Gmelin, 1789) Coregonus pennantii Valenciennes, 1848 Coregonus pidschian (J. F. Gmelin, 1789) - Corégono do fondo. Coregonus pollan W. Thompson, 1835 Coregonus pravdinellus Dulkeit, 1949 Coregonus reighardi (Koelz, 1924) Coregonus renke (Schrank, 1783) Coregonus restrictus Fatio, 1885 Coregonus sardinella Valenciennes, 1848 Coregonus stigmaticus Regan, 1908 Coregonus subautumnalis Kaganowsky, 1932 Coregonus suidteri Fatio, 1885 Coregonus trybomi Svärdson, 1979 Coregonus tugun (Pallas, 1814) Coregonus ussuriensis L. S. Berg, 1906 Coregonus vandesius J. Richardson, 1836 Coregonus vessicus Dryagin, 1932 Coregonus wartmanni (Bloch, 1784) Coregonus widegreni Malmgren, 1863 Coregonus zenithicus (D. S. Jordan & Evermann, 1909) Coregonus zuerichensis Nüsslin, 1882 Coregonus zugensis Nüsslin, 1882
Pola súa parte o World Register of Marine Species, seguido pola maioría dos ictiólogos, só admite 25 especies:
Coregonus albula (Linnaeus, 1758) Coregonus anaulorum Chereshnev, 1996 Coregonus artedi Lesueur, 1818 Coregonus autumnalis (Pallas, 1776) Coregonus clupeaformis (Mitchill, 1818) Coregonus dispersus Fatio, 1885 Coregonus fera Jurine, 1825 Coregonus huntsmani Scott, 1987 Coregonus laurettae Bean, 1881 Coregonus lavaretus (Linnaeus, 1758) Coregonus lucidus (Richardson, 1836) Coregonus maraena (Bloch, 1779) Coregonus migratorius (Georgi, 1775) Coregonus muksun (Pallas, 1814) Coregonus nasus (Pallas, 1776) Coregonus nelsonii Bean, 1884 Coregonus oxyrinchus (Linnaeus, 1758) Coregonus pallasii Valenciennes, 1848 Coregonus peled (Gmelin, 1789) Coregonus pidschian (Gmelin, 1789) Coregonus pravdinellus Delkeit, 1949 Coregonus sardinella Valenciennes, 1848 Coregonus ussuriensis Berg, 1906 Coregonus widegreni Malmgren, 1863 Coregonus zenithicus (Jordan & Evermann, 1909)
Nota: Para outras clasificacións véxanse as bases de datos indicadas nas ligazóns externas.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Eschmeyer, W. N. (ed.) (2014): Catalog of fishes: Genera, Species, References. California Academy of Sciences, department Ichtyology. Froese, Rainer & Daniel Pauly, eds. (2008): Salmoniformes en FishBase. Lahuerta, F. e Vázquez, F. X. (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8. Muus, Bent J.; Jørgen G. Nielsen; Preben Dalslstrøm & Bente O. Nyström (1998): Peces de mar del Atlántico y del Mediterráneo. Barcelona: Ediciones Omega, S.A. ISBN 84-282-1161-2, p. 280. Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7. van der Land, J.; Costello, M. J.; Zavodnik, D.; Santos, R. S.; Porteiro, F. M.; Bailly, N.; Eschmeyer, W. N. & Froese, R. (2001): "Pisces", en: Costello, M. J. et al. (Eds.) (2001): European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. París: Muséum national d'Histoire naturelle. Collection Patrimoines Naturels, 50: 357-374. ISBN 2-85653-538-0.
Outros artigos Salmoniformes Salmónidos Coregoninos
Ligazóns externas Coregonus en Fauna Europaea. Coregonus no ITIS. Coregonus na ADW.
Categoría:Coregonus Categoría:Taxons descritos por Linné