Ricardo Palmás Casal, nado en Buenos Aires en 1940 e finado en Londres o 10 de novembro de 1996, foi un sociólogo, xornalista, escritor e galeguista da Arxentina.
Traxectoria Fillo de emigrantes galegos no Río da Plata. Estudou Lingua e Literatura portuguesas en Buenos Aires e Socioloxía no Salvador. Desde os quince anos integrouse no movemento galeguista de Buenos Aires e participou no desenvolvemento de AGUEA (Asociación Gallega de Universitarios, Escritores y Artistas) e despois co Asociación Arxentina de Fillos de Galegos onde continuou cos cursos de galego que iniciara Eduardo Blanco Amor entre 1962 e 1966. Despois dun tempo en Galicia, estableceuse en Londres a finais dos anos setenta onde traballou na axencia EFE, pasando despois a París, Brasilia e Lisboa. Colaborou en O Irmandiño. Fixo os prólogos de Cartas a Rosalía e Fernando Iglesias "Tacholas", un actor auriense na Galicia ideal. miniatura|300px|Otero Pedrayo e os membros das Mocidades Galeguistas de Buenos Aires en 1959. Palmás aparece na esquina superior dereita da fotografía.
Obras Pelerinaxe (Montevideo, 1965). Aportaciós pra unha bibliografía de Castelao (con Xesús Alonso Montero e Epifanio Ramos de Castro) (Ediciós do Castro, 1970). Castelao, prosa do exilio (Patronato da Cultura Galega de Montevideo, 1976) A emigración galega na Arxentina (Ediciós do Castro, 1978)
Traducións Vinte poemas galeses (Ediciós do Castro, 1988).
Obras colectivas Los gallegos (Madrid, 1976). Eduardo Blanco Amor, desde Buenos Aires (Ediciós do Castro, 1995). Tentativas sobre Dieste (Sotelo Blanco, 1995). Luis Seoane (1910-1979). Día das Letras Galegas 1994 (Xunta de Galicia, 1994).
Véxase tamén Ligazóns externas A Colectividade Galega de Bos Aires lembra o galeguista Ricardo Palmás Casal Ricardo Palmás, escritor y periodista
Categoría:Escritores en lingua galega Categoría:Nados en Buenos Aires Categoría:Nados en 1940 Categoría:Finados en 1996