Providencia stuartiiLPSN Providencia é unha especie de bacterias gramnegativas da familia das enterobacteriáceas, que se encontra comunmente no solo, auga e auga residual, e que pode producir infeccións en humanos. É a especie máis común do xénero Providencia. P.stuartii incúbase a 37 °C en ágar nutriente ou caldo nutriente. De P. stuartii procede a endonuclease de restrición PstIUniProt PstIR. O seu nome específico débese ao bacteriólogo norteamericano C. A. Stuart, que fixo algúns dos primeiros estudos sobre o xénero Providencia.

Papel en enfermidades P. stuartii pode producir infeccións en humanos, xa que é un patóxeno oportunista que ataca a pacientes con queimaduras graves ou que teñen catéteres urinarios inseridos durante longo tempo. As persoas vellas están en maior risco. Tamén pode afectar a animais, nos cales pode causar diarrea neonatal, como ocorre nas vacas leiteiras. Nos humanos, P. stuartii pode illarse da urina (o máis común), feces e sangue, e tamén en cultivos de esputos, pel e feridas. A septicemia por P. stuartii é principalmente de orixe urinaria. É a causa máis común da síndrome da bolsa de urina púrpura (a urina adquire cor púrpura por causa da infección urinaria por esta bacteria). As infeccións do torrente sanguíneo de P stuartii están asociadas con febre, taquicardia, e hipotensión.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas DSMZ Colección alemá de microorganismos e cultivos celulares.

Categoría:Enterobacteriales