dereita|miniatura|250px|Himeneo nun mosaico da sala 3 das Termas de Neptuno, en Ostia Antica.
Himeneo (en grego antigo Ὑμέναιος), tamén chamado Himen, é un deus da mitoloxía grega, encargado das cerimonias de matrimonio, inspirador das festas e as cancións. Himeneo é tamén un xénero de poesía lírica grega cantada durante a procesión da noiva á casa do noivo, na que se apelaba ao deus, en contraste co epitalamio, que se cantaba no limiar nupcial.
dereita|miniatura|390px|Himeneo travestido durante un sacrificio a Príapo. Óleo de Nicolás Poussin.
Himeneo asistía aos connubios, e cando non o facía o matrimonio resultaría desastroso, polo que os gregos corrían vivamente gritando o seu nome. Presidiu moitas das vodas dos mitos gregos, incluídas as de todas as deidades e os seus descendentes.
Himeneo era celebrado na antiga canción matrimonial de orixe descoñecida Hymen o Hymenae, Hymen recollida por Caio Valerio CatuloCatullus , en Religio Romana. Os termos «himno» e «himen» proceden desta celebración.Encyclopaedia Britannica, hymen
Orixes Himeneo era o fillo de Baco/Dioniso e de Venus/Afrodita. Noutras tradicións era fillo de Apolo e unha das Musas. Outras historias danlle unha orixe lendaria. Nun dos fragmentos conservados do Catálogo de mulleres atribuído a Hesíodo dise que Magnes «tivo un fillo de extraordinaria beleza, Himeneo. E cando Apolo viu o rapaz namorou del e non abandonou a casa de Magnes»OMACL: Hesiod, the Homeric Hymns and Homerica: Marriage of Ceyx to Doubtful fragments .. Porén, segundo a Suda, o eraste de Himeneo foi Tamiris.
A paz de Aristófanes termina con Trixeo e o Coro cantando a canción nupcial, co retrouso «¡Oh Himen! ¡Oh Himeneo!»Peace , libreto do drama de Aristófanes . típico para unha canción deste tipo.
Representación Polo menos desde o renacemento italiano, Himeneo adoita ser representado na arte como un home novo levando unha grilanda de flores e sostendo un facho acendido nunha man.
Fontes dereita|miniatura|200px|Cupido reaviva o facho de Himeneo. Escultura de George Rennie.
Himeneo aparece mencionado na Ilíada de Homero, na descrición da forxa do escudo de Aquiles:
Outras fontes clásicas son:
Ovidio, Heroidas VI, 44; XXI, 157; As metamorfoses I, 480; IX, 796; Virxilio, Eneida I, 651; IV, 99; IV, 127. Catulo, poema LXII.
Aparece tamén na obra de Safo:
E é mencionado tamén en dúas obras de William Shakespeare: A tempestade e Como gustedes, onde se une ás parejas ao final:
Notas
Véxase tamén Bibliografía P. Maas, «Hymenaios» REF 9 (1916) páx. 130-34.
Ligazóns externas
Categoría:Deuses gregos